24 de setembro de 2017. O Goberno da Deputación demanda ao Central e ao da Xunta a creación dun plan viable e efectivo de transporte para a comarca da Mariña. Faino coa moción que o Grupo Provincial Socialista presenta ao Pleno deste martes, na que remarca “o desleixo co que o Partido Popular dende os Executivos estatal e galego están a tratar en xeral aos veciños da provincia e en especial ao da Costa en temas de transporte, entre outros, mostrando unha vez máis a súa incompetencia e pouco interese por todos aqueles que viven e traballan nun espazo único, non só para Lugo, senón para toda Galicia. Dende o PSOE consideramos que a provincia e, en concreto, a Mariña, un dos motores socioeconómicos do noso territorio, merece unha dotación de infraestruturas acorde ao seu progresivo desenvolvemento”.
O equipo de Goberno na Deputación de Lugo subliña que “o PP dende o Executivo Central e da Xunta de Galicia, no seu afán inquebrantable, non só de desatender á provincia lucense, senón de entorpecer o seu desenvolvemento económico e social, discriminando aos nosos veciños con respecto aos doutras zonas; fai oídos xordos con todos aqueles que, necesitando desprazase á Mariña, non poden facelo por falta de medios”. Neste senso, exemplifica coa liña de FEVE ou Ancho Métrico (Ferrol-Ribadeo), que vén minguando tanto en calidade como en frecuencia horaria.
“A redución de case 13 millóns de euros dos orzamentos do Estado no 2016 asignados a ADIF para o mantemento da rede de ancho métrico para Galicia e Asturias, con máis de 300 quilómetros de vía férrea, está a amosar a decadencia total e absoluta deste servizo. Este deterioro afecta á vida diaria dos veciños da Mariña, así como a de todos os viaxeiros que empregan este medio de transporte para fin tan importantes para a zona, como pode ser o turismo”.
“Nas súa máis de 20 paradas por toda a Costa Lucense, son habituais as avarías que se producen nas máquinas debido a súa antigüidade, así como o seu pésimo mantemento, provocando atrasos e mesmo cancelacións, con todo o prexuízo que iso supón para os case 100.000 veciños e veciñas da Comarca”.
“A isto hai que sumarlle a falta de persoal para dar un servizo correcto aos usuarios, a falta de interventores e maquinistas que supón un risco para os viaxeiros. Cómpre engadir o insuficiente mantemento de perímetro das vías, o que constitúe outro dos factores para o mal funcionamento da liña, posto que nos treitos que non están adecuados correctamente a velocidade está limitada, producindo atrasos nos horarios”.
Acordos
Por todo isto, o Grupo Provincial Socialista na Deputación de Lugo presentan á sesión plenaria os seguintes acordos:
– Instar ao Goberno Central a que sexa executada a asignación económica destinada a ADIF nos orzamentos xerais do Estado.
– Esixir ao Goberno Central e á Xunta de Galicia a creación dun plan de viabilidade e efectivo de transporte para a Comarca da Mariña.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



