Cervo, 24 de setembro de 2017.- O Concello de Cervo veu incrementado o turismo este verán en máis dun 20%, con respecto á tempada anterior.
Así o sinalou a edil de Turismo, Manuela Méndez, logo de facer unha análise dos datos recollidos na oficina municipal de turismo ubicada en San Cibrao.
Méndez apuntou que o mes de agosto foi o que concentrou maior número de visitas sobre todo dun turismo familiar e nacional; tendo en conta ademais que é o mes no que celebramos as festas principais no noso Concello como son A Queimada Popular de Cervo e a Festa da Maruxaina.
A edil sinalou que “nos satisface enormemente ver como cada ano o número de visitantes vai medrando, froito do carácter hospitalario do noso pobo; e tamén dos múltiples atractivos cos que contamos, tanto na costa como no interior; e que atraen cada vez máis turismo”.
Neste senso, apuntou que a constante axuda que facemos dende o Concello ás diferentes asociacións e colectivos que organizan eventos ao longo do verán, vemos que dá os seus froitos porque “practicamente tivemos unha actividade continua o que repercute positivamente, cremos, en facer de Cervo, un municipio cada vez máis atractivo para o turismo”.
Méndez tamén sinalou que sabemos que a oferta lúdico-deportiva que deseñamos para os máis pequenos tamén resulta moi atractiva para ese turismo familiar que vai descubrindo unha oferta diversificada, completa, e que se prolonga día tras día no verán, favorecendo a socialización e a integración dos nenos que nos visitan cos do propio Concello; “un aspecto que, segundo nos comentan, valoran moito á hora de seleccionar o destino vacacional”.
Un puntal moi importante para o turismo en Cervo é a área de autocaravanas “na que este ano habilitamos unha rede wifi municipal en aberto para os usuarios; que accedían directamente á páxina web do Concello que contén toda a información turística e de servizo do municipio; e tamén fixemos melloras na iluminación e instalamos paneis con todo tipo de información para os usuarios; uns traballos-engadiu- “cos que conseguimos unha zona de autocaravanas moito máis confortable, e que redundaron en que, durante moitos días deste verán, este espazo tivo unha ocupación do 100%; e fixéronnos chegar tamén comentarios moi positivos deste servizo”.
.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



