Xove 4-9-17. Pódese descargar a folla na paxina de facebook: www.facebook.com/ACDXOVE/ , mandala por correo electrónico, entregala no buzón da ACD.XOVE, no Pavillón Municipal de Xove, entregala na Piscina Municipal de Xove, ou ben facer a inscrición vía ONLINE, a través da nova páxina web,que estará operativa a partir do día 11 de Setembro.
A ACD.XOVE, oferta 10 Escolas Deportivas:
Fútbol Sala, Baloncesto, Patinaxe Artística, Karate, Atletismo, Tenis de Mesa, Xadrez, Xogos Pre-Deportivos, Aerobic e Pilates.
E 2 Escolas Culturais: Teatro e Pintura.
Aqueles que non poidades inscribirvos por ningún de estos medios, tamén poderedes recoller a folla na Piscina Municipal, cubrila e xa deixala.
Os interesados que non sexan Socios, deberán poñerse en contacto con calquer membro da Xunta Directiva, que o informará de todo detalladamente,e tamén lle entregará a ficha para darse de alta de Socio, ou ben no telefono: 618 97 61 59.
A cota de Socio familiar son 10.-€ o mes, e os Socios poden participar en todalas escolas que desexen.
A data tope de inscrición será o día 20 de Setembro.