Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2017.- A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, destacou hoxe a importancia de diversificar a produción agroalimentaria galega aproveitando todas as súas posibilidades. Referiuse, en concreto, aos recursos que ofrece o cabalo de pura raza galega, tanto desde o punto de vista alimentario como ambiental. Así, puxo en valor a súa condición de “recurso natural sustentable”, algo que se manifesta de maneira especial en montes como os de Muras, en Lugo, que celebra hoxe a súa XXX Feira do Poldro e do Gando Bravo.
Na súa intervención neste evento, Ángeles Vázquez destacou o traballo que desenvolven nesta zona a asociación Pura Raza Galega (Puraga) e a comunidade de montes Tenente Xistral coidando o terreo forestal e preservando, ao tempo, a riqueza zooxenética que representa o cabalo galego. Lembrou tamén que a Consellería do Medio Rural apoia este labor cunha achega de 66.800 euros anuais. Estes fondos fornecen un convenio de colaboración que ten como finalidades fundamentais a conservación, desenvolvemento e utilización sustentable dos devanditos recursos e o fomento e promoción dos seus produtos derivados, engadiu a conselleira.
Ángeles Vázquez salientou ademais os 30 anos de historia desta feira, que, segundo dixo, “se ben comezou sendo moi humilde, hoxe ofrece aos visitantes un amplo percorrido polos sectores produtivos de Muras”. E sinalou ademais que a celebración supón “unha clara aposta pola revitalización do noso rural, creando un novo atractivo turístico para visitar Muras”. Por todo isto, rematou a conselleira, a feira do poldro representa “un auténtico revulsivo para o municipio” e “vén demostrar que no rural si que hai vida, que no rural si que hai futuro”.
Trixésimo aniversario
Nesta edición da feira, coincidindo co seu trixésimo aniversario, réndese homenaxe aos seus primeiros organizadores, que a puxeron en marcha de xeito desinteresado. Con esta mesma finalidade, organizouse unha exposición con artigos de prensa e fotos, na que colaboran diferentes xornais. O programa da feira complétase con actividades para nenos, unha ruta polo Xistral, exhibicións, xogos ecuestres e demostracións gastronómicas, entre outras iniciativas.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



