Ribadeo, 18 de setembro de 2017. A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, que preside o ribadense Álvaro Doural, traballa nun novo proxecto europeo xunto aos seus socios doutros países no que os vehículos híbridos e eléctricos serán os protagonistas, empregando o soporte do libro electrónico.
Doural explicou que “a idea é que se empece a traballar nun tema que está aí xa, que son os vehículos híbridos e os vehículos eléctricos, utilizando o mesmo soporte de libro electrónico dado que agora esa formación e ese bagaxe de profesores e alumnos non se pode perder, hai que continuar”.
O responsable de Apaga sinalou que “se vai intentar presentar un proxecto nese senso para que durante dous anos se poida traballar iso, coa idea de xerar uns materiais para que a xente que teña que facer post venta, é dicir, que teña que facer o mantemento deses equipos, teña unha información moi clara de cómo pode utilizar eses vehículos, cómo facer o mantemento e cómo pode reparalos”.
Para Álvaro Doural “estamos falando de que é un cambio de chip totalmente. Co coche eléctrico vaise abandonar totalmente a motorización tal como está neste momento cara a un sistema totalmente distinto. A idea é que utilizando ese soporte do libro electrónico, que eu creo que é un soporte moi bo, meternos noutro campo”.
Deste xeito aludía ao remate do proxecto Erasmus +, que estes días se estivo a avaliar en Ribadeo xunto aos socios de Apaga en varios países europeos. O venres pola tarde tivo lugar a presentación dos produtos elaborados nos dous anos de traballo do devandito proxecto, que foron seis libros electrónicos “que tocan temas moi diversos, desde temas de motores, diagnose, chasis, caixas automáticas, hai unha variedade importante. Son seis libros que van estar en distintos formatos, en web, en plataforma moodel e en libro electrónico. Pódese acceder desde calquera ordenador, non necesita ningún software especial. Tamén aquela xente que estea interesada que se poña en contacto con nós para facilitarlle a forma de ter o editor para poder facer os seus propios libros electrónicos”. Ese acto de presentación contou coa presenza da deputada provincial responsable de Economía, Mayra García Bermúdez, e do alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez.
Onte, domingo, remataba a estadía en Ribadeo dos 10 profesores chegados de cinco países da UE (Polonia, Estonia, Croacia, República Checa e Italia) para participar na xuntanza de avaliación final deste proxecto Erasmus + . Os asistentes, ademais de acudir ás sesións de traballo, aproveitaron para coñecer Ribadeo, Barreiros e Mondoñedo, entre outros lugares da comarca. Álvaro Doural fixo un balance positivo deste encontro e da promoción turística realizada desta zona.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



