Ata o momento son 714 os inscritos, que poderán retirar os seus chips e dorsais esa xornada entre as 11:15 e as 13:15 horas pola mañá e de 15 a 17 horas no Concello. Desde a organización lembran que estarán a disposición dos participantes os vestiarios do pavillón polideportivo municipal, sito na avenida de Luarca, tanto para cambiarse antes da proba como para ducharse unha vez rematada. Ademais haberá autobuses cada quince minutos para trasladar aos atletas antes da Media Maratón desde a praia das Catedrais ata o Concello. Será entre as 15 e as 16:45 horas. Así como recollida e traslado de mochilas de corredores desde o Concello ata As Catedrais.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



