Trasbar, 11 de setembro de 2017.- Xa moi preto dos días da festa, os veciños de Trasbar traballan esta semana nos preparativos para a alfombra floral. Estarán todas as tardes, de luns a mércores, a partir das 16.30 h, no local social cortando no verde e tinguindo o sal e o serrín para confeccionar a alfombra.
Dende o colectivo veciñal, agradecen toda a axuda relacionada coa confección da alfombra: dende voluntarios para cortar o verde, para debuxala, para facela, como as achegas de flores para que isto sexa posible. “Toda aquela xente que nos queira axudar, tanto nos preparativos como na elaboración da alfombra, será ben recibida, xa que é moito o traballo que hai que facer”.
Programa
Os actos comezarán o sábado, ás sete da mañá, coa elaboración da alfombra floral. A misa será ás 13.00h, cantada polo coro de Cervo, a continuación procesión e ao remate, todos os devotos que queiran poden achegarse a poñer a Santa. A sesión vermú que virá de seguido correrá a cargo da orquestra Magos. Xa pola noite, as orquestras Magos e Dúo Epo-k serán as encargadas da verbena. Logo de rematar o baile, haberá caldo de balde.
O domingo a misa será ás 13.15h, cantada polo coro de Cervo, seguida da procesión e a sesión vermú a cargo do dúo Epo-k, dando por rematado así o programa festivo deste ano.























No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



