A Mariña, 29 de setembro de 2017. A Federación de Comercio A Mariña sorteará máis de 10.000 euros en premios na campaña que se levará a cabo ata o 11 de novembro. Aquelas persoas que realicen as súas compras nos establecementos asociados ás Acias e Centros Comerciais Abertos de Ribadeo, Foz, Burela, Xove, Viveiro, Covas e O Vicedo poderán canxear os seus tickets por importes superiores a 10 euros por papeletas para participar nos sorteos presenciais que se realizarán ao longo das vindeiras semanas.
O primeiro será este sábado, día 30, ás 20:30 horas en Ribadeo.
Os sábados, que é o día elexido para os sorteos, de 11 a 14 horas e de 17 a 20:30 horas poderán canxear na carpa da FCAM os seus tickets por papeletas para poder participar nesta cita, que será presencial a partires das oito e media da tarde.
En cada localidade repartiranse 1.500 euros en vales de compra, divididos nos seguintes premios: un de 500 euros, un de 300 euros, un de 200 euros e 5 de 100 euros cada un. Os afortunados e afortunadas deberán consumilos durante a seguinte semana á da celebración do sorteo nos establecementos asociados á Acia correspondente.
Desde A Mariña Federación o seu presidente, Ánxel Vázquez, explica que “los premios se sortearán tantas veces como sea necesario hasta que aparezca un ganador o ganadora. Lo que queremos es asegurarnos así la entrega de todos los premios. Son más de 10.000 euros en vales de compra los que vamos a repartir”.
Os sorteos desta campaña de A Mariña Federación terán lugar o 30 de setembro en Ribadeo, o 7 de outubro en Foz, o 14 de outubro en Xove, o 21 dese mes en O Vicedo e o 28 en Covas. En novembro o día 4 será o sorteo en Viveiro e o día 11 en Burela.
Desde A Mariña Federación Ánxel Vázquez subliña que “para poder participar en la campaña las compras han de hacerse en los locales asociados en la semana previa al sorteo en cuestión. Las compras realizadas en otras localidades serán válidas para cada sorteo, teniéndose solo en cuenta que el establecimiento sea socio de la FCAM, la fecha de la compra y que esta supere los 10 euros mínimos exigidos. Todos los tickets de compra de las Acias son válidos para un sorteo, es decir se puede venir con tickets de Ribadeo a Viveiro, de Viveiro a O Vicedo, de Burela a Xove, etc… todos los tickets de esa semana son válidos y cualquiera puede participar en el sorteo de ese sábado”.
A FCAM anima a participar nesta campaña “que fue todo un éxito en las dos ediciones anteriores y en esta esperamos que vaya a más”.




















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



