O autor do cartel explicou: “o concelleiro de Cultura de Lourenzá, Manuel Arango, contactou comigo para propoñerme a elaboración do cartel deste ano da Festa da Faba. Aceptei e para min é unha honra porque vivo neste concello e é algo bastante importante. Foi un pequeno desafío no sentido en que van moitas edicións, hai un montón de carteis que traballan esta temática e pretendín, na medida do posible, darlle unha pequena volta e buscar algo que fora un pouquiño distinto. Entón apostei por unha imaxe minimalista, que centralmente utiliza nin máis nin menos que unhas fabas nunha superficie horizontal. Pensei que esa podía ser unha boa opción á hora de facer o cartel”. Nachok engadiu que “pode verse xa, porque se está empezando a difundir, e en principio parece que esta imaxe está tendo bastante boa acollida”.






















O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



