Viveiro 1-9-17. O acto terá lugar o próximo luns, 4 de Setembro ás 20,00 horas na Sala de Exposicións de REGALXUNQUEIRA – Viveiro, e poderase visitar ata o 30 de Setembro
A continuación no auditorio de Regalxunqueira, haberá unha mesa redonda sobre percebeiros, organizada pola Asociacion cultural Os Aventados
ENXEBRES DA MARIÑA E TANGER
Agustín Patiño Belinchón (Madrid 1942). Inxeñeiro Industrial e pintor.
“Cincuenta e cinco anos dende que por primera vez pisei a terra encantada de A Mariña. Poderia asegurar que a miña vida, dende aquel inicio, está ligada a ela. Fun por corredoiras e festas, bañeime nas suas praias, faleli con mariñanos do interior e mariñeiros cos que xoguei moiras partidas e coñecin a que mais tarde seria a miña muller. Os meus catro fillos viñeron dende o seu nacemento e un deles quedouse para sempre aquí tras un desgraciado accidente, ala polo final de pasado século.
A miñas vacicions e as miñas aficions entrelazaronse con singladuras pesqueiras e excursions dende Cedeira, Ortigueira, Viveíro, Mondoñedo, Foz e Ribadeo. Aquí revivouse a miña pasión pola pintura que logo fun extendendo a moitos outros lugares dentro e fora de Galicia, xogando co lápiz a, a acuarela e o óleo.
Agora, libre de ataduras profesionais, comparto con vostedes unha mostra pictórica de dous espacios tan diferentes como son Tánger en Marruecos , A Mariña de Lugo e Coruña, dende un lugar emblemático cheo de arte, imaxinación e profesionalidade como é O Complexo Cultural Regalxunqueira, de Otero Regal e co inapreciable soporte doutra Asociación Cultural e de investigación entrañable e plenamente integrada nas paisaxes e paisanaxes como é “Os Aventados” de San Ciprian e do mundo, extraordinariamente representados polo seu incombustible Pablo Mosquera. Moitas gracias a ambos que me permiten mostrarlles esta pequena contribución a difusión do mundo da pintura.
Os temas son extraídos da realidade pola sua beleza propia ou porque exhalan algo máxico o contemplalos, ben seña por sí mesmos ou por asociación de ideas entre o pintor e a natureza captada. A mestura de cores na paleta xurde é e o cerebro quen instintivamente xenera, a través da man, as luces, as sombras e os tonos que quedan plasmados nos lenzos.”
Mesa redonda
Percebeiros: Un trabllo para fillos do mar
Comenzará cunha proxeccion que durará 10 minutos, e despois un debate explicativo sobre a vida e anécdotas destos dous “artistas de las rompientes”
Eugenio Linares. Torrero do Faro de A Estaca de Bares, do Faro da Coelleira, do Faro de Ortegal.
Vicente Vazquez. Percebeiro. Presidente da Cofradía de pescadores de San Ciprián.
Unha pregunta que se repite: ¿Cal é a relación entre precio e risco?