Burela, a 1 de setembro de 2017.- O Grupo Municipal Popular (GMP) de Burela advertiu no seu día que Burela podía quedar sen brigada contraincendios pola lacazanería do alcalde á hora de poñer en marcha esta brigada que tería como finalidade loitar contra os incendios forestáis, facer prevención desbrozando superficies susceptibles de queimárense, e que propiciaría a creación de cinco postos de traballo durante tres meses.
Os populares indican que “o alcalde, Mister-non-teño-a-culpa-de-nada, indicou a algún medio informativo que ‘o concello non tiña ningunha responsabilidade, porque non se presentaba xente para ocupar a praza que faltaba por ocupar’. E onte o alcalde anunciou públicamente que o concello renunciaba á subvención, eso sí, con escusas de mal pagador e coma sempre sen asumir ningunha responsabilidade, decindo mesmo que falara con empresas. Pero renunciar á subvención é expoñer a Burela, a Burela Bonita, ós seus veciños e ás súas propiedades ós incendios forestáis, non facer labor preventiva, e esquecerse dos cinco postos de traballo, dos que catro xa estaban seleccionados”.
Os edís populares aseguran que “é a primeira vez, desde que se puxeron en marcha as brigadas contraincendios, que Burela queda sen este servicio tan importante e fundamental para a seguridade de persoas e bens”.
Desde o GMP “afirmamos que sí había solucións, e polo tanto sí recae toda a culpa no alcalde por non estar ó que hai que estar. A solución pasaba por arbitrar a fórmula de externalizar o servicio, pero inmediatamente: hoxendía hai empresas que se adican a facer este tipo de servicios, e houbo algún concello en Galicia que, ante unha situación semellante, optou por esa solución antes de quedarse sen a brigada contraincendios á primeira de cambio. Porque o que tén que primar é a seguridade, e non os vaivéns festeiros do alcalde. Se á primeira convocatoria non atopou persoal, non debería ter agardado”.
Os edís populares consideran que “o alcalde é tan cobarde que ocultou a situación hasta que o PP a destapou. Se tivéramos un alcalde traballador, menos festeiro pero máis eficaz, seguro que esto non tería pasado. A este alcalde, a seguridade dos veciños e dos seus bens non lle importan en absoluto. Outra cousa non se pode agardar dun comportamento políticamente irresponsable”.