Lugo, 20 de setembro de 2017. O Goberno da Deputación xera 12 novos empregos en 8 municipios da provincia: Monforte de Lemos, O Saviñao, Castro de Rei, A Fonsagrada, Trabada, Riotorto, A Pontenova e Taboada. Faino a través do DepuEmprego, o plan co que o Executivo Provincial xera novos postos de traballo, asumindo os custos laborais dos traballadores que requiran os Concellos para reforzar a prestacións de servizos municipais aos veciños, e do Ben Empregado, o programa co que o Goberno da Deputación asume os gastos laborais e salariais da contratación de parados lucenses durante un ano en empresas e entidades sen ánimo de lucro da provincia.
Son, concretamente, 4 postos do DepuEmprego en Taboada un monitor de deportes, e en Trabada: 1 auxiliar administrativo, 1 arquitecto técnico ou con grado en enxeñería de edificación, 1 tecnico deportivo.
Todas as persoas interesadas teñen que dirixirse ao Concello, pois son os encargados de realizar os procesos de selección. Neste caso, os interesados deben estar inscritos no Servizo Público de Emprego.
Os postos de traballo que xera o Goberno da Deputación a través do Ben Empregado son os seguintes: camareiro e oficial forestal de 1ª en Monforte de Lemos; peón agrario no Saviñao; camareiro en Castro de Rei; axudante da camareira na Fonsagrada; operador de explotación forestal en Trabada; axudante de perruquería en Riotorto; peón forestal na Pontenova.
Máis emprego este ano
Con estes 4 novos empregos, son 243 os postos de traballo que o Goberno da Deputación leva xerado en 59 municipios da provincia co DepuEmprego. O plan inclúe un total 263 empregos nos 66 Concellos de menos de 20.000 habitantes. Polo tanto, nas vindeiras semanas ofreceranse máis postos de traballo. O Executivo Provincial decidiu asumir todos os custos laborais dos profesionais con 3 millóns de euros da Deputación. Do orzamento provincial de 2017, o Goberno destina 3,8 millóns á segunda edición do DepuEmprego para incrementar o número de empregos xerados nos municipios da provincia este ano.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



