O Goberno da Deputación tingue este xoves de morado a fachada do Pazo de San Marcos para promover a visibilidade do Alzheimer. Deste xeito, o Executivo Provincial súmase aos actos con motivo do Día Mundial do Alzheimer, que se celebra o 21 de setembro. A fachada do Pazo de San Marcos iluminarase de cor morada, simbolizando a sensibilidade da institución provincial coas persoas e as familias afectadas por esta doenza. O Executivo Provincial colabora ao longo do ano coas AFALU, AFA Chantada, AFA Monforte e AFA Viveiro, que son todos os colectivos de atención a persoas con Alhzeimer que hai na provincia luguesa, con investimentos directos de 59.000 euros. Ademais, o organismo provincial tamén organiza talleres de memoria e financia integramente a Teleasistencia Domiciliaria e o Servizo de Axuda no Fogar para persoas non dependentes, o que impulsa o benestar dos maiores da provincia de Lugo.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



