Lugo, 19 de setembro de 2017.- O Grupo do Partido Popular critica que a Deputación estea a dar prioridade á cidade de Lugo no eido cultural en detrimento do resto dos concellos da provincia, aos que limita as axudas que destina nesta área aos 8.000 euros. Os populares, que se postulan en defensa da colaboración do organismo provincial co desenvolvemento de iniciativas no ámbito cultural, consideran que o reparto dos fondos públicos “debera ter como prioridade aos concellos de menos de 20.000 habitantes”.
Os populares informan de que esta mañá en Mesa de Contratación vén de ser aprobada a adxudicación para a contratación dun espectáculo musical a efectuar o día 4 de outubro polo artista Foran Bregovic, con motivo da apertura das festas de San Froilán. Este concerto suporá a todos os veciños da provincia un coste de 51.425 euros por só unha hora de actuación. Ademais, os populares tamén censuran que esta adxudicación fose aprobada tras cursar só convite a unha empresa, neste caso a Sweet Nocturna S. L.
Dende o Grupo Provincial do Partido Popular lamentan que a Deputación de Lugo non estea a realizar unha boa xestión dos fondos públicos e se limite a malgastar o diñeiro de todos os lucenses, sen optimizar o seu rendemento.
Ademais, os populares tamén se referiron que, por exemplo, en xullo o Goberno da Deputación presentou o Programa Ágora Cultural 2017, que só cubriu oferta en Lugo capital, durante os meses de xullo, agosto e setembro. Así, dende o Partido Popular xa defenderon en Pleno a necesidade de destinar recursos económicos da institución provincial a levar a cabo actividades culturais en todos os concellos da provincia, sobre todo naqueles de menos de 20.000 habitantes.
Esta situación dáse mentres, segundo exemplifican os populares, no Plan Único Provincial de Cooperación con todos os concellos da provincia se limitan as contías económicas destinadas ao desenvolvemento de actividades culturais. Así, as bases de dito programa establecen que con cargo aos fondos do Plan, os concellos só poderán destinar a actividades culturais ata un máximo de 8.000 euros; o mesmo teito de gasto se impón no que se refire a actividades deportivas; mentres que a contía descende a 6.000 euros no relativo á promoción turística local, feiras, mercados e festas de exaltación de produtos e recursos locais ou profesións.
Polo tanto, mentres a meirande parte dos concellos se vén obrigados a facerlle fronte eles mesmos as súas festas, o Concello de Lugo ten que recorrer á Deputación para sacar adiante o programa das festas do San Froilán. Lamentan que a alcaldesa non sexa capaz de financiar e organizar unhas festas declaradas de interese turístico e que teña que esperar a última hora para que a socorran os seus compañeiros na Deputación.
Por todo o anterior, o Grupo Popular piden un trato xusto para todos os concellos da provincia.






















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



