A actividade, que foi organizada pola Concellaría de Sostibilidade e Medio Mariño, tivo que ser aprazada o pasado mes de xuño por mor da folga do transporte e finalmente realizouse na xornada deste 19 de setembro. O obxectivo, segundo Paz Ermida, “é que o alumnado vexa un pouco cómo debemos coidar o noso entorno e cómo debemos mantelo limpo durante todo o ano e non só durante a época estival”. Cos rapaces do colexio Gregorio Sanz estivo esta mañá nas Catedrais o alcalde, Fernando Suárez, acompañado do técnico de Medio Ambiente, Jaime Pérez. Estas actividades están incluídas dentro das programadas cos colexios desde as distintas áreas do Concello de Ribadeo. En xuño, por exemplo, escolares do Sagrado Corazón estiveron en Rinlo limpando a desembocadura do río.
























Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



