LUGO, 19 de setembro de 2017.- Os deputados autonómicos, Encarna Amigo, Daniel Vega e Julia Rodríguez, anunciaron este martes que o Grupo Parlamentario do Partido Popular iniciará unha campaña informativa pola provincia co fin de “desmontar as numerosas mentiras” que se están a trasladar publicamente sobre a modificación da Lei de Saúde Pública por parte de certos grupos políticos, sindicatos e plataformas sanitarias. E é que para os populares, segundo destacou Amigo, sorprende “a virulencia coa que moitos se atreven a tratar alto tan importante para a sociedade en xeral”.
A primeira reunión que manterán os deputados lugueses no marco desta iniciativa será, precisamente, esta tarde, ás 20:00 horas, en Burela. A esta xuntanza están convocados alcaldes, voceiros do Partido Popular, simpatizantes, militantes e calquera persoa que desexe asistir. Proximamente, tamén se fará o msmo en Monforte de Lemos e noutros lugares onde proceda, “ou nolo demanden”, indicaron os deputados.
O primeiro que trasladarán os populares aos mariñanos é que “a nosa preocupación e obsesión como Partido é dar unha garantía pública ás persoas. Que os lucenses poidan ter acceso a un sistema sanitario de calidade e a unha asistencia tamén de calidade”. En segundo lugar, que se trata dun anteproxecto de Lei, que nin tan sequera foi aprobado polo Consello da Xunta. Que houbo un periodo de alegacións, cumprindo así coa Lei de Transparencia, “e no que, por certo, todas estas voces que se alzan na provincia para desprestixiar a acción do Goberno galego nin tan sequera se pronunciaron”, criticou Encarna Amigo.
“É dicir, saen detrás das pancartas, pero logo, onde teñen que pronunciarse, non o fan…. Cremos que con isto quedan perfectamente retratados e o fin que perseguen…”, denunciou a parlamentaria luguesa.
Reforma necesaria, con claros beneficios
En terceiro lugar, os deputados explicarán que se trata dunha modificación necesaria, pois o sistema actual ten xa 10 anos, polo que este cambio é imprescindible para garantir e ampliar o sistema de saúde pública. Ademais, os deputados explicarán que se trata dunha reforma con claros beneficios. Son os seguintes:
1º) Que os hospitais de Monforte e de A Mariña non perden autonomía
2º) Que estes centros non perdan capacidade de decisión
3º) Que non se recorta ningún servizo nos mesmos, senón que incluso gañan prestacións.
4º) Que o doente, por tanto, as persoas, son as grandes beneficiadas.
Isto será posible grazas a que se crea o distrito sanitario, que permitirá blindar por primeira vez a existencia destes dous hospitais. Por outra banda, a modificación legal, suliñou Amigo, non altera en absoluto a asignación de médico ou de hospital que na actualidade corresponde a cada paciente, nin moito menos a calidade asistencial. “Con isto, pretendemos que os profesionais se despracen aos hospitais e non sexan os doentes os que se teñan que desprazar a outros centros”, matizou.
Ademais o facultativos seguirán sen ningunha dúbida ligados á área e manterán o seu destino orixinal. “Por todo elo, chama, a atención que, cos datos da Lei na man, estes grupos actúen, repito, con tanta virulencia. Porque se alguén está obsesionado por mellorar a Sanidade provincial, ese é o Goberno de Feijóo”, insistiu.
Perda de credibilidade
Neste senso, a popular, amparándose en que “os datos sempre son os que quitan e dan razóns”, subliñou que estas manifestacións que están a liderar certos colectivos perden credibilidade “dende o momento en que “non hai máis que ver que son os mesmos politicos e as mesmas plataformas que no ano 2009 dicían que os hospitais de Monforte e de Burela ían pechar. Pero a realidade é que, estamos finalizando o 2017, e estes hospitais non só continúan abertos, senón que o de A Mariña estase ampliando e o de Monforte gañou servizos”.
Por tanto, insistiu a parlamentaria, “que veñan falando tamén de escurantismo é case que un insulto”. “Xa está ben de confundir á cidadanía e de usar como arma política algo tan serio como a Sanidade…A popular fixo esta valoración porque a Xunta de Galicia tamén expuxo aos colexios profesionais sanitarios os puntos da reforma da lei. “Aquí non hai medias verdades”, engadiu.
Aposta do Goberno de Feijóo
Para que todos os lucenses tomen conciencia de cal é o compromiso do Partido Popular con estes dous hospitais –“por suposto, un retroceso nunca o permitiriamos”, Amigo lembrou algúns dos investimentos realizados na mellora dos dous centros comarcais:
Hospital de A Mariña:
-20 millóns de euros de investimento nas obras de ampliación.
-Reforzaranse os servizos de farmacia; hospital de día; en consultas externas pasarase de 32 a 43 e de 11 a 19 gabinete de probas; crearanse 24 novas habitacóns dobres e remodelaranse outras 30 actuais para convertelas en individuais; melloraranse o tratatamento de diálise, a sala de extraccións, e incluiranse novos servizos como a construción dun heliporto; e habilitarase para os usuarios un novo aparcadoiro.
-Dende o ano 2012 ata o primeiro semestre de 2017, realizáronse un total de 12.492 consultas de anatomía patolóxica, cardioloxía, oncoloxía médica e de rehabilitación.
Hospital de Monforte:
-Investimento de máis de 1 millón de euros, que permitiu, por exemplo, adquirir un ecocardiógrafo, ademais dun detector radiolóxico dixital, un mamógrafo e facer obras en equipamento.
-Dende o ano 2012 ata o primeiro semestre de 2017, realizáronse un total de 10.440 consultas en alergoloxía, dermatoloxía, hematoloxía e oncoloxía.
“Esta é a única realidade que hai. Poderán seguir mentindo, termando das pancartas, confundindo… pero a realidade só é a que acabamos de explicar e que trasladaremos aos veciños desta provincia. A nosa obsesión é mellorar a Sanidade; do contrario, a persoa que lles fala, ao igual que todos os meus compañeiros no Parlamento de Galicia, seríamos os primeiros que nos oporíamos. Calquera opinión, achega ou plantexamento é benvido. O propio presidente Feijóo o dixo no Parlamento, pero o que é totalmente censurable é este ruído teledirixido por uns cantos para facer da Sanidade un recurso co que sacar rédito electoral e partidista”, concluíu a deputada autonómica.























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



