Lugo, 20 de setembro de 2015.- O Grupo Provincial do PP levará unha moción ao vindeiro Pleno que celebre a Corporación na que solicita que se pague de maneira urxente, cos informes pertinentes, a parte consignada no Orzamento da Deputación Provincial de Lugo de 2017 para a equiparación salarial dos bombeiros que prestan os seus servizos na nosa provincia.
Os populares demandan ademais que o Presidente da Deputación de Lugo eleve ao pleno do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento, no prazo máis breve posible, a súa vontade de cambio do actual modelo de xestión polo de xestión directa do servizo como así se acordou o 27 de xuño a iniciativa do PP. Tamén lle piden que dea conta ao pleno do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento, na maior brevidade posible, do informe económico e xurídico no que se concreten actuacións e se establezan prazos para levalas a cabo e no que se xustifique cando menos:
– as vantaxes da xestión directa fronte ao modelo actual;
– que esta non supoña un menoscabo para os contribuíntes;
– que a mesma non implique perda dos empregos dos profesionais que na actualidade están a prestar os seus servizos.
Unha vez definidos os asuntos anteriores, desde o Grupo Provincial do PP solicitan que se someta ao pleno do Consorcio o calendario concreto para proceder á mellora das condicións laborais dos traballadores do cadro de persoal dos parques de bombeiros pertencentes ao Consorcio, en particular, a súa equiparación económica en termos de igualdade co resto dos profesionais de Galicia.
Garantir que as empresas cumpren o seu contrato
Por último, desde o PP insisten en que o Consorcio Provincial de Lugo para a prestación do servizo Contra Incendios e Salvamento vixíe e esixa o cumprimento por parte das empresas adxudicatarias das condicións do prego e das melloras achegadas no seu día para optar á xestión do servizo dos parques de bombeiros.
Os populares trasladan esta petición ante a información que teñen achegado os traballadores que fai sospeitar que as empresas adxudicatarias están a incumprir o prego de condicións e as melloras por elas presentadas para optar á xestión do servizo.
Desde o Grupo Provincial do PP lamentan que o BNG non teña advertido destas supostas irregularidades que veñen denunciando os traballadores cando formaban parte do Goberno. “Agora parece que lles preocupa que as empresas puideran estar incumprindo o contrato, pero deberan explicar onde estiveron ata agora cando formaban parte do bipartito e non trasladaron unha soa queixa”.




















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



