Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2017.- O Museo do Castro de Viladonga estrea páxina web e faino cun portal que permite realizar un percorrido polas súas salas de exposición permanente e acceder ás pezas máis destacadas da colección, a maioría en formato tridimensional en movemento realizadas mediante fotogrametría ou xiro 360º, o que permite contemplar os obxectos desde todos os ángulos.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria poñen en marcha a páxina https://viladonga.xunta.gal co obxectivo de enriquecer a experiencia que supón a visita ao complexo, ofrecer información completa sobre as súas coleccións e contidos, así como dar a coñecer entre a cidadanía o labor que vén realizando o museo.
Baseado nun deseño visual e adaptativo, o web abre cun vídeo que ofrece unha imaxe aérea de toda a estrutura do castro. Destaca no portal o apartado multimedia, con vídeos sobre a historia do castro, o seu contorno natural e as escavacións realizadas en anos anteriores. Este material audiovisual complétase cunha galería fotográfica arredor das actividades desenvolvidas no museo, así como da fauna e da flora do castro.
O portal tamén inclúe un enlace que dá acceso ao catálogo dixital das coleccións do museo xestionado pola Xunta de Galicia, na Rede Dixital de Coleccións de Museos de España Rede Dixital de Coleccións de Museos de España (Ceres).
Ademais, a páxina web está deseñada para facilitar a navegación desde móbiles e tabletas, cun deseño “responsive”, baseado en estruturas e imaxes fluídas que se adaptan ao tamaño da pantalla desde a que se visita a páxina.
Renovación do portal de Cultura
Este deseño adaptable para o seu uso desde dispositivos móbiles xa está tamén dispoñible para a páxina web de Cultura de Galicia, en http://cultura.gal. Entre as melloras que incorpora o novo sitio web da Secretaría Xeral de Cultura, que lle outorga maior protagonismo ás imaxes, acorde coas tendencias actuais, destaca a personalización de eventos da Axenda de Cultura de Galicia, así como a posibilidade de ampliar información dispoñible sobre cada actividade, ao tempo que se facilitan os criterios de busca.
A renovación da web cultura.gal garante un acceso máis universal aos contidos desde calquera tipo de dispositivo, acorde co impulso dos servizos web en mobilidade e a adaptación das webs a esta demanda para facilitar unha navegación máis accesible, cómoda e satisfactoria para os usuarios e as usuarias.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



