Lugo, 5 de setembro de 2017. O Deputado Provincial pola Terra Chá, Eduardo Vidal Baamonde, xunto ao Alcalde de Begonte, José Ulloa Rocha, presentou este martes, na Casa da Cultura do municipio chairego, o Programa Madrugadores. Trátase da iniciativa de conciliación laboral e familiar, que Goberno da Deputación e o Concello levan ao C.E.I.P Virxe do Corpiño, pois permite aos pais e nais deixar aos seus fillos e fillas baixo a atención dun monitor/a dende as oito e media da mañá ata a hora de inicio das clases, ás dez e media. O Executivo Provincial financia esta programación cunha axuda de 4.000 euros.
Vidal Baamonde destacou que “a colaboración que brindamos dende o Goberno Provincial enmarcase na nosa aposta por unha Deputación coas persoas, social e rural, é dicir, a través da que impulsemos o desenvolvemento de iniciativas que contribúan ao benestar dos nosos veciños, especialmente no rural, favorecendo, deste xeito, a igualdade de oportunidades vivas onde vivas. A achega económica que facemos ao Programa Madrugadores permite a súa reedición, feito polo que estamos moi satisfeitos, pois somos conscientes da súa utilidade para as familias”.
O Deputado subliñou que “o pasado curso foron dez nenos e nenas de entre tres e once anos os que se beneficiaron deste programa. O resultado foi moi positivo tanto para os escolares participantes, que levaron a cabo actividades lúdico-formativas supervisadas por unha monitora, como para os pais e nais, posto que ao finalizar o programa cubriron unha enquisa, na que se puxo de manifesto a súa satisfacción co servizo. Por este motivo, prevese que neste curso que comeza se incremente o número de usuarios”.
O programa desenvolverase no colexio público de Educación Infantil e Primaria de Begonte, que conta con 50 alumnos, durante o curso escolar, comezando o vindeiro luns 11 de setembro e rematando no mes de xuño. Os interesados poden informarse e realizar a inscrición no propio centro escolar.
Obxectivos e destinatarios
O obxectivo principal do Programa Madrugadores consiste en responder ás necesidades familiares derivadas do desfase existente entre horarios escolares e laborais, como medida de conciliación familiar e laboral, garantindo a atención dos nenos e nenas, antes do inicio das clases pola mañá, por persoas debidamente cualificadas que lles ofrezan actividades encamiñadas a fomentar a súa creatividade, autonomía e interese por coñecer e gozar o seu contorno.
Os seus destinatarios/as son alumnos/as de Educación Infantil e de Educación Primaria. Estes nenos/as reciben atención nunha das aulas do centro antes do comezo das clases, en días lectivos por persoal cualificado. Así, os nenos e nenas dedican o tempo a actividades como xogos e talleres educativos, e tamén poden levar o seu almorzo para tomar antes do inicio das clases.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



