ALFOZ, 7 de setembro de 2017.- O PP de Alfoz denuncia o abandono no que o Concello ten algunhas pistas e accesos da concentración parcelaria. Neste senso, lamentan “a deixadez de funcións” do rexedor respecto deste asunto, pois, “calquera veciño pode comprobar como, moitas veces, a auga transcorre por elas, dificultando así, aínda máis, o seu tránsito, ae s cunetas nalgúns casos etán obstruídas ao igual que a maioría das taxeas”.
Dada o notable deterioro que presentan, esixen ao Goberno local que “exerza as súas competencias” e inicie os trámites oportunos para proceder á reparación inmediata destas vías. “Pedímoslle ao alcalde e aos seus compañeiros que traballen, que se deixen de poñer detrás das pancartas e diante das cámaras, e que se dediquen ao que verdadeiramente se teñen que dedicar, que é cumprir coas súas funcións”, apuntan.
“Actuación prioritaria e urxente”
O mantemento destes accesos é unha cuestión que, dende o grupo municipal, consideran “prioritaria e urxente”, pois son actuacións que, “ademais de custar moitos cartos, son necesarias para todos os veciños que viven do sector agrícola, gandeiro e incluso forestal”. E é que presentan grandes fochancas que dificultan o tránsito de vehículos e poñen en perigo a seguridade dos condutores. Asemade, precisan, o seu arranxo é importante porque o verán está a piques de rematar e, por tanto, coa chegada do mal tempo e as choivas que poidan producirse durante os vindeiros meses, provocarán que estas pistas sexan intransitables e a súa reparación cada vez máis custosa.




















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



