As Diputaciones, e A Xunta como meras administradoras e consumidoras de diñeiros alleos, sempre en dúbida e moito máis desde dedican o groso dos seus esforzos e atención á cousa gastronómica, lúdica e festeira, déronse conta de que as funcións que desempeñan son altamente quebradizas.
O plan de investimentos que o goberno de Zapatero puxo en marcha para os pobos no comenzó da crisi, de rebote deixou ao descuberto tantas deficiencias que os alcaldes dos nosos pequenos municipios viñan observando desde fai tempo sen atopar saída a tanto despropósito.
Os cartos dos nosos impostos terian que ir do Estado directamente aos destinatarios, sen intermediarios chupons nin politiquillos vacilons vendendo en roda de prensa e repetitivas inauguraciones o produto dos impostos da suor allea como está ocorrendo nestes lares por parte da Xunta e diputacions cos seus respectivos recadeiros incluidos
Con un ordenador conectado a Internet é suficiente para que o diñeiro estatal chegue ao seu destino en toda o seu integridad, ata anticipadamente á súa xustificación, o nunca visto neste mundo de mequetrefes o que estamos acostumados.
Refirome, craro esta, a financiación dos concellos, a administración mais perto do cidadan e que están hipotecados por eses servilismos dos internmediarios antes ditos… Sabian vostedes que os nosos concellos reciben do estado unha terceira parte do que o Goberno Frances lles traspasa os seus? Aquí soio estamos en Europa para poñela de exemplo de como foder o próximo pero non copian nadiña da descentralización dos cartos.
Di un amigo meu que as Crisis son tamen oportunidades e que algo está cambiando, polo menos as crises poden innovar para mellorar procesos lentos, penosos e enviciados como os chamados Plans provinciales ou agasallos da Xunta a algunos concellos, sempre dos seus, por decreto. E ¡Señores políticos desta Galicia que segue preferendo emigrar antes de protestar, que segue a decir que chove cando son mexos os que caen. Deixen de vacilar cos carteis anunciadores e manden directamente os cartos os nosos concellos, que boa falla lle fan.

















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



