Lugo, 02 de outubro de 2017.- A Consellería de Infraestruturas e Vivendas, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGV) dispón de 37 locais comerciais repartidos en distintos concellos da provincia de Lugo que supoñen un valor total de 1,5 millóns de euros.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a intención da administración autonómica é a de poñer progresivamente no mercado estes baixos a disposición de empresas, colectivos ou particulares interesados na súa compra ou alugueiro.
De atopar saída para todo este patrimonio inmobiliario obteríanse múltiples vantaxes: Por unha banda, para a propia administración, xa que logo a Xunta consigue xerar ingresos; pola outra, os novos propietarios obterían un local a un prezo especial co que impulsar a súa actividade e, incluso, xerar novas oportunidades de emprego.
37 locais en dez municipios
No caso da provincia de Lugo a Xunta quere pór no mercado os 37 locais. Deles 17 atópanse en Lugo, seis na localidade de Meira, tres en Chantada e tres en Vilalba, dous na Pastoriza e tamén dous en Foz e, finalmente, con só local dispoñible hai catro concellos máis: Ribadeo, Viveiro, Guitiriz e Sarria.
Aínda que existen locais con multitude de características diferentes, a inmensa maioría deles están radicados en promocións de vivendas ou espazos públicos relacionados co Instituto Galego de Vivenda e Solo tales como promocións de vivendas sociais ou antigas sedes do organismo. A superficie media é de 103 metros cadrados.
Dispoñibles no mercado en venda ou alugueiro
O delegado territorial explica que todos estes locais teñen unha dobre opción de acceso: a compra ou o alugueiro, a petición dos interesados, aínda que os que opten pola venda terán preferencia.
Balseiro explicou tamén que a poxa é a única fórmula con que poden pór no mercado estes baixos, pois a lexislación actual “establece que a baixos propiedade do IGVS non se poden adxudicar directamente máis que a outros organismos da Administración ou entidades sen ánimo de lucro”.
O procedemento tamén moi sinxelo, unha vez que se determine a data na que terá lugar a celebración da poxa a administración fixa un prezo mínimo de aluguer/venda anual para cada baixo comercial e os interesados deberán realizar unha oferta en sobre pechado para cada un deles. A máis alta levará o contrato durante cinco anos, prorrogables anualmente.
A Xunta agarda recadar polo menos 57.549,43 euros ao ano polas rendas, e os prezos de alugueiro medio oscila entre os 5 e 45 euros metro cadrado, en función da localidade e a situación na que se atopa o local. O valor de venda dos mesmos, como xa se indicou sería dun mínimo de 1,5 millóns de euros.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



