Cervo, 25 de outubro. Este martes comezou oficialmente o XXIII Campionato de Tute Concello de Cervo no que participan un centenar de xogadores.
A competición prolongarase ata o 21 de decembro.
As partidas xoganse nos diferentes locais hostaleiros do Concello que se sumaron á iniciativa; formando equipos de catro parellas.
Os establecementos escenario das partidas que se desputarán salvo excepcións, cada martes e xoves son: Mesón A Ría, O Trasgo, O Almacén, Telvi´s Place, Atxuri, As Titas, A Cerve, Río de Oro, O Castelo e o Camarote.
Conformáronse un total de 10 equipos polo que preto de 100 persoas participarán na competición, entre as parellas titulares, e os reservas; chegando así a acadar esa cifra récord da historia do campionato; “un dos torneos máis antigos da provincia de Lugo, que non ten outro obxectivo que o de pasar un bo anaco xogando ao tute entre amigos”.
As partidas ou enfrontamentos realizanse por sistema de liga, é dicir todos contra todos, a dobre volta, en cada un dos locais que establezan os equipos participantes.
Unha vez finalizado haberá unha cea para todos os participantes na que se fará entrega de trofeos de cerámica de Sargadelos.
O Torneo, organizado polo Concello de Cervo, conta coa inestimable e desinteresada colaboración de Félix Fernández Gómez, que leva á fronte do mesmo dende o seus inicios.