LUGO, 27 de outubro de 2017.- Alejandro Pena López-Boado proclamouse este venres presidente de Novas Xeracións de Lugo. Foi logo do congreso celebrado esta tarde, no que participaron tamén representantes desta organización en A Coruña, Ourense e Pontevedra, ademais do secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado; o presidente de NNXX de Galicia, Adrián Prado; a presidenta de NNXX da provincia, Rosa Arza; a presidenta provincial e o secretario xeral, Elena Candia e Carlos Armesto; e o presidente da agrupación do PP de Lugo, Ramón Carballo; entre outros cargos orgánicos.
O novo dirixente, que afronta esta nova etapa “con ilusión, mostrouse visiblemente emocionado, pois, no seu discurso, tivo palabras de agradecemento e de orgullo para a persoa que o introduciu na política con tan só 18 anos, o seu avó José Pena Souto. Do ex concelleiro do PP en Lugo sinalou que “foi un gran home, familiar, atento, amigo dos seus amigos, unha persoa cunha gran capacidade de adaptación a todos os ámbitos, un gran político pero, sobre todo, foi un gran avó”.
López Pena-Boado manifestou así que a influencia do ex edil foi clara e notoria, tanto que recoñeceu que nunca esquecerá a primeira vez que foron xuntos ao Partido que, naquel entón estaba situada na rúa Montenegro, “e comezar esta aventura, que agora continúa sen el”. Foi precisamente, a partir deste momento, cando, tal e como indica o slogan elixido para a celebración do congreso, comezou a “sentir Lugo”.
“Era un referente na política local e rural, onde levo a cabo gran parte da súa traxectoria política. Sempre estivo, indicou, ao carón dos veciños”. Precisamente, del recibiu grandes consellos pero quédase coa “súa honradez, a lealdade, o compromiso, o apoio incondicional aos veciños e evitar a confrontación por ideoloxía política, porque antes das siglas, afirmou, todos somos persoas; cousa que, na actualidade e por desgraza, falla neste país”.
Retos do novo presidente
O proxecto que hoxe inicia a nova dirección é “ambicioso, á par que realista”. Deste xeito, o novo líder explicou as principais liñas de actuación do programa que desenvolverá a agrupación xuvenil durante os vindeiros meses. Son as seguintes:
1º: AUMENTAR A AFILIACIÓN. Para elo, realizarán campañas continuas para conseguir que máis mozos se sumen ao proxecto, e que estes á súa vez expliquen aos seus amigos o motivo polo que afiliaron e así seguir medrando como organización.
“Queremos ser un activo importante para o Partido, e por elo traballaremos para recuperar a alcaldía de Lugo en 2019. Creo que debemos empregarnos a fondo para acabar con tantos anos de desgoberno socialista e de mala xestión, que se acrecentaron nos últimos anos. Dubido moito que os mozos do municipio de Lugo se sintan identificados cos gobernantes que temos na Praza Maior… O Partido Popular é un Partido de Goberno, un Partido con experiencia, un Partido que dá estabilidade aos cidadáns, como queda máis que demostrado nos concellos nos que gobernamos, na Xunta e no Goberno de España”, destacou.
2º: INTENSIFICAR A PRESENZA NAS DISTINTAS ESFERAS SOCIECONÓMICAS DE LUGO. Deste xeito, manterán encontros periódicos coas empresas que xeran riqueza e emprego na cidade; apoiarán aos mozos emprendedores, aos mozos do rural (que, por certo, neste equipo contan con varios).
3º: INTENSIFICARE A PRESENZA NA UNIVERSIDADE E OS CENTROS DE FORMACIÓN PROFESIONAL. “Aquí temos un terreo inexplorado e é algo necesario para comezar a gañarlle terreo aos Partidos de esquerda que monopolizan co seu discurso á xente xove, facéndolles ver que o PP é un Partido de persoas maiores e pasado de moda. Por sorte, e aquí temos un claro exemplo, non conseguen adoctrinar a todos”, destacou.
4º: INTENSIFICAR A ACTIVIDADE CON DISTINTAS ORGANIZACIÓNS SEN ÁNIMO LUCRO, apoiando a entidades como a protectora de animais, Cruz Vermella (da que o novo presidente xa é voluntario).
“Demostraremos, en definitiva, que somos un equipo preocupado pola nosa cidade e a nosa xente; un equipo que de verdade sente a Lugo. Os integrantes de NNXX de Lugo SENTIMOS LUGO”, remarcou.
5º: ESTAR A DISPOSICIÓN DO PARTIDO “para apoialo en todo”. “Estaremos ao carón dos mozos lucenses e sempre escoitando aos nosos veciños e amigos para conseguir o cambio no Concello de Lugo, e isto, estamos convencidos, que só pode ser con traballo, dedicación e rúa, moita rúa”, defendeu.
Candidatura ao completo
Pena López-Boado asume así o liderado da agrupación xuvenil, e faino “cun equipo de xente”, indicaron a presidenta provincial e a presidenta de NNXX da provincia, que “reúne todas as condicións para que os mozos lucenses se sintan identificados co Partido Popular e coas nosas siglas”. Neste senso, Elena Candia amosouse convencida de que “xogarán un papel importante na estratexia política dos vindeiros meses”, e que pasa, entre otros obxectivos, por, “como dicía Álex, lograr o cambio no Concello de Lugo”.
Ademais de Pena López-Boado, o resto de integrantes que conforman a candidatura de NNXX de Lugo, son os seguintes: Eugenia Vizcaíno Gómez, vicepresidenta; Xaime de Ramiro Sánchez, secretario xeral; Ángel Fernández Díaz, secretario de organización; David González Vázquez, voceiro; José López Cavado, coordinador xeral; Adrián Abuin Valle, vicesecretario de Medio Rural; Álex de Ramiro Sánchez, vicesecretario de Redes Sociais e Comunicación; Javier Neira López, vicesecretario de Medio Ambiente; Christian Benítez Hierro, vicesecretario de Política Social; Manu Longarela, vicesecretario de Emprendemento; Iván Dobarrio, vicesecretario de Acción Electoral; Sara Barreiro, vicesecretaria de Estudos e Programas; vicesecretario de Deportes, Marcos González Vázquez; vicesecretaria de Turismo, Yaiza Neira Mato; e vogais: Adrián Alonso Liz, Carmen Pérez Pena, Martín Novo Rubinos, Diego Cascudo Abuin, Pablo Bargados Trigo, Pablo Flórez Rodríguez, Noel Prieto Martínez, Xoel Varela Redondo, Javier de la Torre e Marcos Castro Álvarez.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



