O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anunciou que este xoves, deu comezo a terceira edición do campionato de parchís para adultos que organiza a biblioteca municipal de Lourenzá. Anotáronse seis parellas, das que sairá unha gañadora despois de enfrontarse entre elas polo sistema de liga.
