Galicia, 17 de outubro de 2017. A Eurodeputada de Compromiso por Galicia, Izaskum Bilbao, vicepresidenta do Grupo ALDE, ven de facer en coordinación coa Executiva de Compromiso por Galicia varias xestións de proveito para Galicia na Capital de Europa. As accións consisten nunha serie de medidas encamiñadas a que en Europa se tome conciencia da situación e se actúe tanto en Galicia como en Portugal.
As accións están encamiñadas en tres niveis: Comisión Europea, Consello de Europa e Parlamento Europeo. Xuntamos os escritos remitidos á Comisión.
Neste punto o Secretario Xeral de CxG, Piñeiro Docampo, fai pública a solicitude ó Presidente de Galicia para que sexa a propia Xunta a que solicite a activación do Corpo Europeo de Solidariedade, que vai servir para recuperar a zona cumprindo cos parámetros europeos e evitando especulación e mala xestión. Entendemos que o Sr. Feijoo non ten que ter problema neste senso.
Tamén queremos agradecer o traballo dos profesionais dos Lumes e voluntarios e dicir que unha vez máis o Pobo Galego da exemplo de Patria e de traballo como fixo co Prestige e Angrois.
Solidarizarnos coas familias das persoas falecidas, das feridas e das afectadas por outras perdas de forma directa.
Temos as certeza de que as xestións de CxG en Europa serán boas para Galicia e botamos de menos iniciativas parellas en outros grupos políticos.
Informaremos nos vindeiros días dos froitos das nosas xestións cumpridamente.