Ribadeo, 27 de outubro de 2017. O alcalde, Fernando Suárez, subliña que hoxe é un día moi importante para este concello, xa que a Deputación de Lugo aportará 380.000 euros para o proxecto de urbanización e humanización da avenida Ría de Ribadeo. O Concello achegará outros 131.000 euros para unha obra que contempla, entre outras cousas, a construción de beirarrúas (onde non existen), a colocación de árbores así coma o soterramento das torres de media tensión. O rexedor agradece esta nova axuda da Deputación Provincial.
Suárez Barcia manifestou que “hoxe é un día moi importante para Ribadeo, sobre todo para un dos accesos principais que ten a vila, que é a avenida Ría de Ribadeo, que pasa polo barrio de Vilar, pola zona comercial e que se adentra no casco urbano. Desde hai anos estamos moi preocupados máis aló da súa necesaria humanización, dado que se encontra bastante descoidado pois hai liñas de medias de tensión e outros elementos que non o fan merecedor de ser unha entrada bonita e elegante dunha vila. Pero máis aló diso preocúpanos moito a seguridade viaria, pois é unha zona onde hai moito tránsito de vehículos e ao mesmo tempo moita circulación de peóns, sobre todo nestes últimos anos a xulgar pola enorme cantidade de centros comerciais e de servizos (de supermercados, hipermercados, talleres, etcétera) que hai ao longo de toda esa avenida Ría de Ribadeo”.
E engadiu que “é moi frecuente ver a persoas andando con bolsas da compra, cruzando por onde non deben, que realmente é por onde poden porque non está nada clarificado o lugar para que circulen os peóns e o destinado aos vehículos. De aí que no Concello levamos meses traballando nun proxecto moi ambicioso para o que lle acabamos de pedir apoio económico á Deputación, que é a única institución potente de verdade que se acorda de Ribadeo unha vez máis. Para este proxecto ambicioso que redactou o Concello de Ribadeo e que ciframos nun chisquiño do medio millón de euros a Deputación vainos outorgar 380.000 euros”.
O alcalde ribadense dixo que “é unha aposta moi importante pola seguridade pública, pola humanización e polo adecentamento dunha das vías máis importantes de acceso á vila. Contemplase o soterrado destas liñas de media tensión, a plantación de numerosas árbores nas dúas marxes, a creación de beirarrúas alí onde non están definidas actualmente, a creación de pasos elevados para que os pasos de peóns poidan ser seguros e unha ordenación de toda esa zona para a seguridade dos viandantes e para o embelecemento e humanización de Ribadeo en xeral”.
Suárez Barcia tivo palabras de agradecemento para a Deputación Provincial de Lugo: “reitero pois as grazas á Deputación, dado que os recursos son públicos, son de todos, pero unha vez máis acórdanse de Ribadeo cando outros non se acordan máis que para mal”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



