Foz, 6 de outubro de 2017. O Concello de Foz acaba de mercar 15.000 metros cadrados de terreos onde se atopa o castro de Lelle ou das Engrobias, moi cerca da Basílica de San Martiño. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, explica que o obxectivo é seguir potenciando ese lugar como atractivo histórico e turístico. A compra supuxo un investimento de 90.000 euros.
Javier Castiñeira anunciou hoxe que “o Concello de Foz e os propietarios das fincas vimos de firmar un compromiso e acordo de compra cos propietarios para adquirir o Castro de Lelle, ou Castro das Engrobias, en San Martín de Mondoñedo”.
O rexedor focense subliña que “é un castro moi importante para o noso concello porque ademais de ser un dos múltiples castros que temos, este en concreto está moi cerca da Basílica de San Martiño de Mondoñedo, a menos de 500 metros, e o obxectivo con esta compra é que o Concello trate de seguir potenciando San Martiño como conxunto histórico e turístico, con ese gran potencial que realmente ten”.
Castiñeira lembra que “coas actuacións que se están facendo, primeiro co servizo de guía turístico que leva funcionando uns anos e estanos permitindo subir exponencialmente as visitas, pasando neste verán de máis de 18.000 persoas, e co centro de interpretación, que se está rematando nestas semanas e que moi probablemente estea hábil xa a primeiros do ano que ven, e xunto co Castro de Lelle co obxectivo de preparalo tamén para que poida ser visitado, imos ter un conxunto histórico turístico moi potente”.
O alcalde declara que “este desembolso de 90.000 euros vai dentro do financiamento do Plan Único que está permitindo, grazas ao acordo de todos os grupos provinciais, que todos os concellos teñamos un reparto obxectivo e poidamos dedicalo ás nosas necesidades. As fincas que se adquiren andan arredor duns 15.000 metros cadrados e engloban os 6.000 metros cadrados onde está o amurallado, as construcións soterradas e parte das engrobias, o que comunmente se chama foso, porque ten varios fosos, xa que é un castro bastante singular”.
Javier Castiñeira sinala que “o seguinte paso é formalizar a compra na Notaría e que este castro pase a titularidade municipal para poder poñelo en valor o antes posible e que a xente poida visitalo nas mellores condicións”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



