A Mariña, 30 de setembro 2017. No pleno celebrado na tarde de ontes o Concello de O Valadouro posicionouse tamén a favor do mantemento da Área Sanitaria da Mariña e en contra do Anteproxecto de Lei polo que se modifica a Lei 8/2008, do 10 de xullo de Saúde de Galiza. A proposta aprobouse cos votos favorables dos grupos que conforman o goberno municipal, PSOE e BNG. Os concelleiros e concelleiras da oposición, do Partido Popular, votaron en contra.
En días pasados o veciño concello de Alfoz e o de Lourenzá sumáronse tamén ás reivindicacións aprobando unha moción no mesmo sentido.
O apoio de colectivos sociais e corporacións municipais ás reivindicacións en defensa da Área Sanitaria increméntase día a día. En días pasados, o veciño concello de Alfoz aprobou tamén en pleno apoiar estas reivindicacións, ao igual que o Concello de Lourenzá, donde as concelleiras e concelleiros do Partido Popular se abstiveron.
Os concellos da comarca do Ouro, Alfoz e O Valadouro , venen sufrindo especialmente as consecuencias do deterioro da Atención Primaria, concretamente coa falta de especialistas en Pediatría, polo que moitas nais e pais de Alfoz e Valadouro levan protestado en varias ocasións. Un problema que afecta tamén a moitos concellos da Mariña, desde que a Atención Primaria na comarca depende de Lugo coa implantación da EOXI.
Ao remate do Pleno celebrado no Valadouro o goberno municipal, PSOE e BNG colleron a faixa reivindicativa da Plataforma para dar tamén testimonio gráfico do seu apoio.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



