Lugo, 6 de outubro de 2017. O Deputado de Cooperación cos Concellos, Argelio Fernández Queipo, informou este venres que o Goberno Provincial rematou 19 obras de mellora noutras tantas traídas de auga, accesos viarios e locais sociais de núcleos rurais de 15 municipios lugueses, ás que destinou 305.000 euros. Fernández Queipo explicou que en total o Executivo da Deputación executa 129 actuacións desta índole en localidades rurais de toda a provincia con 1,5 millóns de euros. A Xunta de Goberno deste venres aprobou as contas xustificativas dos traballos rematados.
“Estas obras son fundamentais para todos os lucenses que vivimos no rural e que necesitamos, coma todos, de servizos públicos de calidade para vivir nas nosas localidades. Se dende este Goberno da Deputación estamos a executar estas actuacións é porque a administración públicas coas competencias directas na materia non o fai. A Xunta fala da lexislatura do rural, pero non vemos que asome a cabeza”.
As 19 actuacións xa executadas son:
•Lugo: construción dun depósito de auga veciñal no Espiñeiro con 21.400 euros.
•A Fonsagrada: creación dun abastecemento de auga no lugar do Fito con 19.500 euros.
•Ribeira de Piquín: creación dun depósito de auga na Lama con 30.000 euros.
•Folgoso do Courel: construción dun abastecemento de auga no Órreo con 28.900 euros, e a creación dun depósito de auga e abastecemento de Meiraos con 26.052 euros.
•Taboada: a creación dunha captación do manantial San Cristobal Norte con 28.600 euros
•Cervantes: creación dun abastecemento de auga en Catroventos con 21.300 euros; e mellora da rede de abastecemento no Río do Castro.
•Quiroga: limpeza de accesos e mellora de captación en Sequeiros con 9.975 euros, e melloras do accesos á fonte de Novais con 6.719 euros
•Navia de Suarna: mellora da rede de abastecemento en Silvouta con 9.300 euros
•Bóveda: mellorar da rede de abastecemento de auga dos veciños de Santa Lucía con 10.000 euros
•Mondoñedo: acondicionamento de accesos a vivendas de Maariz con 7.273 euros.
•Monterroso: melloras no monte veciñal en man común de Sambrexo con 11.998 euros; e acondicionamento de camiños a Lodoso con 12.000 euros.
•O Incio: para a mellora de camiños en Trascastro con 11.554 euros.
•A Pontenova: para a mellora de accesos á escola pública en Santa Comba de Órrea con 12.000 euros.
•Castro de Rei: mellora do local social de Ludrio con 8.300 euros.
•Xermade: o acondicionamento da Casa Escola con 10.759 euros.
Máis emprego
O Goberno da Deputación resolveu a contratación de 4 desempregados lucenses que comezarán a traballar noutros tantos Concellos da provincia, a través do Ben Empregado 2 e 3: 1 camareiro en Castro de Rei, 1 peón no Saviñao, e dous técnicos forestais, 1 en Trabada e outro en Monforte de Lemos. O Deputado lembrou que continúa aberto ata o 18 de outubro o prazo para que empresas e colectivos sen ánimo de lucro da provincia soliciten as axudas do Ben Empregado 4!.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



