Lugo, 22 de novembro de 2017. O Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo; xunto á coordinadora do proxecto e a ao escritor do libro, Llerena Perozo e Alberto Ramos, presentaron este mércores no Pazo de San Marcos, a 4ª Semana Escolar da Provincia,. Esta iniciativa organizada polo Goberno da Deputación ten como obxectivo divulgar entre a mocidade a realidade e diversidade da natureza na provincia de Lugo; espertar a curiosidade máis aló dos fenómenos esquemáticos e técnicos da materia de ciencias sociais; así como amosar o impacto e relación que mantén o ser humano co medio mediante.
Fernández Queipo subliñou que “con este proxecto, dende o Executivo Provincial queremos que os máis novos aprendan novos coñecementos sobre o patrimonio natural lucense, duha maneira máis lúdica e entretida para eles, a través dun discurso didáctico que poña en valor o medio ambiente e a súa relación co ser humano. Para esta cuarta edición temos o privilexio de contar coa participación de 9.912 alumnos de 45 centros de Eucación Secundaria, o que supón un aumento de 1.000 nenos con respecto ao ano pasado”
Libro-manual Humanidade e patrimonio natural lucense
O Goberno da Deputación editou o libro-manual Humanidade e patrimonio natural lucense, escrito por Alberto Ramos e ilustrado por Alba Millán. É un caderno de viaxe no que un grupo de científicos e científicas percorren a provincia para elaborar un mapa que reflicta a realidade do medio ambiente na mesma e a súa relación co ser humano, facendo especial fincapé nas augas, na biodiversidade, no valor patrimonial e na importancia cultural que supoñen. O equipo vai analizando o impacto do ser humano no espazo natural ao tempo que vai descubrindo como o medio ambiente e o territorio condicionan a propia cultura, dende os usos agrícolas ou construtivos ata a gastronomía e as crenzas populares. Para establecer as actividades, elaborouse un programa cunha guía cunha serie de contidos e pautas para empregar o libro-manual que recibiron tanto profesores como alumnos inscritos no proxecto.
Do 27 de novembro ao 1 de decembro
A semana lectiva comezará coa pegada de carteis do programa nos centros escolares por parte dos alumnos. A continuación, os participantes lerán e realizarán as actividades propostas no libro-manual, escollerán unha ou varias rutas e construirán muráis con imaxes e debuxos de paisaxes lucenses habitadas. Por último, os rapaces preparán un pleno provincial co patrimonio natural e a incidencia do ser humano como tema central.
Para concluír as xornadas divulgativas, o 1 de decembro terá lugar a festa escolar da provincia, na que se inaugurará a exposición de muráis colectivos, lerán os mellores traballos individuais realizados, degustarán sobremesas típicas da nosa provincia e farán unha representación aberta para o centro dun pleno da corporación provincial relizado por alumnas e alumnos seleccionados.
Centros inscritos
– IES Plurilingüe Fontem Albei do Concello da Fonsagrada
– IES Fonmiñá do Concello da Pastoriza
– IES Enrique Muruais do Concello da Pontenova
– IES Alfoz do Concello de Valadouro Alfoz
– IES de Becerreá do Concello de Becerreá
– IES Monte Castelo do Concello de Burela
– IES da Terra Chá, José Trapero Pardo do Concello de Castro de Rei
– IES Marqués de Sargadelos do Concello de Cervo
– IES Val do Asma do Concello de Chantada
– IES de Foz do Concello de Foz
– CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Pilar Foz (Santiago)
– CPR Plurilingüe Martínez Otero Foz (Santiago)
– IES Poeta Díaz Castro do Concello de Guitiriz
– IES Ánxel Fole do Concello de Lugo
– CPR Plurilingüe San José do Concello de Lugo
– CPR La Inmaculada do Concello de Lugo
– IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes do Concello de Lugo
– CPR Plurilingüe Padres Franciscanos do Concello de Lugo
– CPR Galén do Concello de Lugo
– CPR Seminario Diocesano Sagrado Corazón do Concello de Lugo
– CPR Divina Pastora do Concello de Lugo
– CPR María Auxiliadora do Concello de Lugo
– IES Lucus Augusti do Concello de Lugo
– IES Sanxillao do Concello de Lugo
– IES Muralla Romana do Concello de Lugo
– IES Pedregal de Irimia do Concello de Meira
– IES San Rosendo do Concello de Mondoñedo
– IES A Pinguela do Concello de Monforte de Lemos
– CPR Plurilingüe Fundación Educativa Torre de Lemos do Concello de Monforte de Lemos
– CPR Ferroviario do Concello de Monforte de Lemos
– CPR Padres Escolapios do Concello de Monforte de Lemos
– IES Río Cabe do Concello de Monforte de Lemos
– IES Francisco Daviña Rey do Concello de Monforte de Lemos
– IES de Monterroso do Concello de Monterroso
– IES de Quiroga do Concello de Quiroga
– IES Río Miño do Concello de Rábade
– CPR Sagrado Corazón de Jesús do Concello de Ribadeo
– IES de Ribadeo Dionisio Gamallo do Concello de Ribadeo
– CPR Plurilingüe Ntra. Sra. de la Asunción do Concello de Sarria
– IES Gregorio Fernández do Concello de Sarria
– CPR La Merced do Concello de Sarria
– IES Lois Peña Novo do Concello de Vilalba
– IES María Sarmiento do Concello de Viveiro
– IES Vilar Ponte do Concello de Viveiro
– IES Illa de Sarón do Concello de Xove























A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



