Cervo, 10 de novembro.- A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá o expediente para a adxudicación por concurso dos 6 locais habilitados no antigo edificio das Cabalerizas, no Coxunto Histórico Artístico de Sargadelos, e que serán destinados á venda ao público de produtos artesanais. Tamén quedou aprobado o prego de cláusulas que regulará a adxudicación dos contratos de cesión en uso en réxime de arrendamento destes habitáculos.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, apuntou que “demos este paso adiante en canto nos remitiron todos os informes necesarios, todos eles favorables, e incluso algún da dirección Xeral de Patrimonio que non é vinculante pero que nós consideramos importante, tendo en conta ademais que estamos a falar dun Ben de Interese Cultural (BIC)”.
Villares sinalou que os locais teñen unha superficie útil que vai dende os 47 aos 70 m2; e dous deles, os máis grandes (de 67 e 70 m2) foron concibidos para ser establecementos de venda ao público de produtos alimentarios artesanais, e os restantes catro poderán ser destinados a calquera actividade artesanal que se adecúe á normativa vixente nesta materia.
Así mesmo o alcalde puntualizou que cada local terá un canon anual medio, cumprindo a normativa, que vai dende os 1400 aos 2200 euros, en función das cartacterísticas do mesmo. Pero recordou que nos propios pregos se recolle que o Concello vai “establecer bonificacións de ata o 90%; polo que os artesáns que se instalen no Conxunto Histórico terían que facer fronte a unha taxa anual duns 200 euros de media, para desenvolver a súa actividade nun destes habitáculos; unha cantidade que consideramos que é simbólica “porque a nosa intención é echer de vida e de artesáns o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos”.
Villares recalcou que con este proxecto “pretendemos poñer en valor toda esta contorna, e tamén o traballo dos propios artesáns, favorecendo así mesmo a economía local a través da creación de novos cauces de comercialización de produtos artesanais galegos e da creación de emprego; co fin de que o Centro de Artesanía sexa un novo espazo de intercambio de experiencias e coñecementos artesanais, servindo ademais como sé de actividades socioculturais que permitan proxectar a imaxe pública do Conxunto Histórico, e contribúan a que esta zona sexa un punto de visita obrigada nas épocas de ocio e estivais, pero tamén durante todo o ano”.
Dende o Concello de Cervo –engadiu Villares-, pretendemos darlle a máxima difusión posible ao futuro Centro de Artesanía, por unha banda tendo en conta que o pregos xa teñen que ser públicos, pero por outra faremos chegar a proposta a todas as asociacións de artesáns de Galicia e persoas relacionadas coa actividade “porque entendemos que o Centro de Artesanía de Sargadelos vai ter o seu peso e proxección e estamos convencidos de que funcionará porque conflúen moitos factores: o bo facer dos artesáns, nun enclave excepcional, cuns locais perfectamente acondicionados para que podan adaptalos á súa actividade concreta; é unha combinación ideal que contribuirá en gran medida ao desenvolvemento económico, turístico, cultural e patrimonial do Concello de Cervo”.
Villares recordou que a obra contou con orzamento de 120.000 euros, procedentes da Xunta de Galicia e do propio Concello, “destinados integramente á posta en marcha dun centro vivo que agardamos, entre todos, convertir en referente na Comarca”.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



