Chantada (Lugo), 25 de novembro de 2017.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, informou hoxe de que un total de 120 concellos están sendo beneficiarios -entre finais deste ano e principios do que vén- das actividades gratuítas en materia de promoción da igualdade que oferta a Xunta, de xeito gratuíto, no marco da Rede de entidades locais contra a violencia de xénero.
López Abella visitou unha destas actividades, o curso de defensa persoal e autocapacidades que se celebrou hoxe en Chantada e que chegará a un total de 25 concellos. Esta actividade impártese en colaboración coa Federación Galega de Loita.
Ademais destes cursos de defensa persoal, a Administración autonómica oferta aos concellos que forman parte da Rede obradoiros educativos, exposicións e actividades de concienciación, charlas informativas, ou programas de asesoramento e terapia familiar con nenos e nenas que teñan sufrido directa ou indirectamente a violencia de xénero.
Andaina en Palas de Rei
Previamente, a secretaria xeral achegouse a Palas de Rei para participar na I Andaina contra a violencia de xénero que organizou o concello con motivo da conmemoración hoxe, 25 de novembro, do Día internacional contra a violencia de xénero.
Cómpre lembrar que mañá, domingo, terá lugar en Santiago de Compostela a andaina que organiza anualmente a Xunta de Galicia. Sairá ás 11,00 do Monte do Gozo para chegar á Praza do Obradoiro.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



