Neste novo Fin de semana tecnolóxico, que foi totalmente práctico, os asistentes abordaron cuestións como a aplicación de fondos de última xeración, bases bicapa, barnices innovadores, acabados especiais, aplicacións nun so pase e reparacións rápidas desde o fondo ata o barniz. Este curso de pintura foi impartido por Constantino Gómez, da empresa Axalta Coating Systems Spain. O presidente de APAGA, Álvaro Doural, asegurou que “pretendemos facer un curso todos os meses ata a celebración do novo Forum de Innovación e Formación sobre Vehiculos, que será en agosto”. A vindeira cita, que se celebrará en decembro, xirará entorno á climatización.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



