Lugo, 24 de novembro de 2017. Centos de persoas participaron este venres na andaina En Camiño contra a Violencia, organizada polo alumnado da Fundación TIC, dentro da campaña Lugo En Negro. O Presidente da TIC e da Deputación, Darío Campos, e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sumáronse á iniciativa xunto a membros dunha ducia de asociacións e colectivos lucenses. Durante a marcha, camiñantes de todas as idades encheron de bandeirolas negras o treito que vai da Escola de Imaxe e Son á praza de San Marcos.
A andaina rematou diante da Deputación, onde se procedeu á lectura, por parte da Alcaldesa, dun manifesto institucional de repulsa polos crimes machistas. A continuación, unha parella de actores, realizou unha performance inspirada na loita das vítimas de violencia exercida polos homes.
Unidade contra a Violencia
Trátase da segunda marcha cidadá que os estudantes da EIS convocan con éxito de asistencia, na véspera do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que se celebra o día 25 de novembro en todo o mundo.
Aos alumnos e traballadores da TIC uníronse usuarios do InLugo e veciños de todo o municipio, institucións, asociacións sen ánimo de lucro e clubs deportivos. En concreto, participaron membros do C.B. Breogán, do C.D. Lugo, Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo, Asociación de Xóvenes Empresarios (AJE), Asociación de Viúvas de Lugo, SOMOS Unidos por el Cáncer, Federación de Asociacións de Veciños, Bonhomía, Aspnais e Asociación de Amas de Casa.
Dó polas mulleres asasinadas
En Camiño contra a Violencia xurdiu o curso pasado a proposta dos alumnos e alumnas de primeiro curso do Ciclo Superior de Produción da EIS. Os estudantes que este ano tomaron o testemuño decidiron cambiar o sentido da marcha, e convocaron aos participantes diante da escola para saír cara á Deputación. Na EIS repartiron as bandeirolas negras que levaron en sinal de dó polas vítimas.
O alumnado, co apoio dos seus profesores, ocupáronse de todo o proceso de organización e desenvolvemento da marcha. Á sensibilización social contra a lacra machista, a iniciativa engade o valor de contribuír a súa formación como práctica nun suposto real. Os estudantes tamén elaboraron un vídeo de denuncia da violencia machista para animar aos lucenses a participar na andaina “En Camiño contra Violencia”.
Na pasada edición, os estudantes sinalizaron a ruta con pegadas negras, que un centenar de camiñantes seguiron vestidos con camisetas negras.






















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



