Ribadeo, 6 de novembro de 2017. O Concello e Acisa asinaban esta mañá a subvención nominativa que a Asociación de Comerciantes recibe para este ano 2017, por importe de 14.000 euros, destinada á organización de diversas actividades para dinamizar o comercio e a hostalaría locais. Tanto o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, como o xerente de Acisa, Jesús Pérez, valoraron moi positivamente o traballo conxunto realizado.
O rexedor ribadense mostrouse “moi satisfeito desde o Concello no senso de asinar novamente un convenio para a realización de actividades para a dinamización do comercio entre Acisa, a Asociación de Comerciantes de Ribadeo, e máis o Concello, a través desta subvención nominativa para este ano 2017, que está dentro dese convenio marco de tres anos que supón 14.000 euros en cada anualidade para cubrir diferentes accións e apoiar, como sempre estamos a facer, o comercio local a través da súa Asociación de Comerciantes”.
Fernando Suárez dixo que “sabemos que o comercio é o piar practicamente fundamental do noso concello, ou dos máis importantes cando menos, e é boa cousa que o Concello o apoie tamén dunha maneira preferencial. De aí que todas estas campañas que facemos en conxunto, que levamos varios anos facéndoas e que seguiremos facendo, o Ribadeo Indiano, campañas de dinamización comercial, incluso turística, e tamén por poñer por caso a pista de xeo, que outro ano máis ímola poñer en marcha para este Nadal, dado que sabemos que ten unha capacidade de atracción de xente da Mariña, do occidente de Asturias e incluso moito máis aló, o ano pasado xente que chegou de Lugo e mesmo de Santiago”.
O alcalde sinalou que “para comprar e disfrutar de Ribadeo estas actividades son as que se necesita que sigamos apoiando con diñeiro público, con diñeiro de todos, pero que redunde no comercio, nos hostais, nos hoteis, etc… Esta é a nosa misión e estamos encantados de poder achegar esta cantidade económica para este ano”.
Pola súa banda o xerente de Acisa, Jesús Pérez, declarou que “en nome da xunta directiva e do presidente en funcións, Juan Andina, simplemente agradecer e darlle a importancia que ten á sinatura desta anualidade de 14.000 euros para as actividades que dende Acisa podemos facer, non só nas que facemos conxuntamente co Concello, que este ano foron o Ribadeo Indiano, a pista de xeo, as xornadas gastronómicas e unha conferencia nutricional, estas dúas últimas cun impacto para nós moito máis elevado do esperado, senón que tamén agradecer ao Concello a implicación e as facilidades que nos pon en todas aquelas actividades que realizamos ao marxe deles”.
Pérez salientou que “en iniciativas propias sempre contamos co apoio do Concello, véxase a Noite Fluor, as Noites Cálidas este ano, cos sorteos no Cine Teatro, que teñen unha loxística importante á hora de cortar rúas, ter que contar co persoal do Concello, incluso cos propios concelleiros e co alcalde”.
O xerente de Acisa quixo “valorar a importancia desta anualidade. Para nós é unha cantidade de cartos moi importante que unida ás outras axudas doutras administración, ás propias cotas dos socios, fai que Acisa hoxe sexa a asociación comercial de referencia na Mariña, con máis de 150 socios. Agora mesmo imos pechar o ano con máis de 25 campañas de dinamización comercial, dúas charlas, dous cursos formativos e máis de 9.000 euros en premios que se van entregar ou xa se entregaron ao logo do ano. En definitiva facemos un traballo conxunto, creo que moi importante, entre Acisa e o Concello e esta sinatura de hoxe é o que o valida e o representa”.
No acto de hoxe participaron o alcalde, Fernando Suárez, o presidente en funcións de Acisa, Juan Andina, a concelleira de Turismo, Comercio e Desenvovlemento Local, Ana Martínez, o xerente de Acisa, Jesús Pérez, e o secretario accidental do Concello, José Rodil.






















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



