Ribadeo, 28 de novembro de 2017. Acisa Ribadeo levará a cabo unha nova campaña que se desenvolverá no comercio e na hostalería local do 1 ao 15 de decembro. Trátase do Rasca de Nadal que repartirá 4.000 euros en premios directos, repartidos en 200 premios de 5 euros, 100 premios de 10 euros, 50 premios de 20 euros, 10 premios de 50 euros e 5 premios de 100 euros. As persoas afortunadas deberán canxear os seus rascas premiados en Acisa, onde obterán os vales correspondentes e terán ata finais de decembro para consumilos. O obxectivo desta nova campaña é animar ás compras de Nadal e fidelizar á clientela dos negocios ribadenses.
O presidente de Acisa, David Martínez, explicou que “esta campaña se desenvolverá entre o 1 e o 15 de decembro. Agora, despois do black friday, queda unha época en teoría tranquila para o comercio. Pensamos que era bo animala, xa que o Nadal é unha época de consumo, e cremos que nesta quincena sorteando 4.000 euros a xente vaise animar a adiantar as compras de Nadal”. E subliñou que “son 4.000 euros os que sacaremos á rúa a partires deste venres e esperamos que a xente se anime a mercar no noso comercio e a consumir na nosa hostalaría”.
Martínez engadiu que “temos a sorte de que coincide coa ponte da Constitución, é unha época que soe ter bastante caída en Ribadeo e a xente de fora pode gozar desta campaña, que é directa. Unha persoa que ven de fora tamén pode aproveitala e cobrala no momento. É o bo, porque así non ter que esperar a un sorteo, que é unha cousa para a que a xente de fora pode ser máis reticente. Neste caso a ganancia é directa, entón vémolo moi interesante”.
Pola súa banda o xerente de Acisa, Jesús Pérez, fixo fincapé en que “es una campaña completamente nueva. Se editan 20.000 rifas, porque es una campaña piloto para que así la probabilidad de que toque sea mucho mayor. De esta forma garantizamos que todos los socios van a entregar premios, probablemente van a entregar dos o más premios cada uno”.
Pérez indicou que “la campaña tiene un doble objetivo, como decía David, potenciar las compras prenavideñas y post black Friday y fidelizar al cliente de Ribadeo, que tiene opción de ser premiado directamente durante los quince días de duración de la campaña”.
Para o xerente de Acisa “en este último tramo del año y principios de 2018 vamos a poner en juego un total de 6.000 euros en premios. Esto es fruto de la buena gestión realizada en Acisa a lo largo de todo este 2.017”.
En total no Rasca de Nadal póñense en xogo máis de 300 premios: 200 de 5 euros, 100 de 10 euros, 50 de 20 euros, 10 de 50 euros y 5 de 100 euros. As bases desta campaña estarán colgada no facebook e na web de Acisa Ribadeo. “Los afortunados y afortunadas tienen hasta el 29 de diciembre para canjear sus rascas por vales de compra en las oficinas de Acisa. Y una vez canjeados tendrán una semana para gastar los premios”, engade Jesús Perez, xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo.




















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



