Lugo, 28 de novembro de 2017. O Goberno Provincial presentou ao Pleno deste martes unha proposta para que a Deputación de Lugo asuma as condicións que impuxo a Xunta de Galicia para poder crear un grupo de traballo no Consorcio Provincial de Bombeiros que avance cara o cambio de xestión dos parques de xeito que se implante o directo a partires do 2019, que é cando rematan os contratos coas empresas adxudicatarias.
A proposta, que foi aprobada por unanimidade, recolle textualmente as seguintes condicións que impuxo a Xunta de Galicia para que a administración autonómica, responsable legal do 50% dos parques de bombeiros na provincia de Lugo, e polo tanto parte imprescindible do Consorcio; comece a traballar no cambio de modelo de xestión:
“1) que a Deputación asuma os posibles incrementos de custes calquera se fose a súa natureza que, respecto das actuais empresas adxudicatarias do servizo puideran producirse durante o proceso de cambio ou como consecuencia deste, eximindo á Xunta de Galicia de calquera pago a este respecto. 2) que a Deputación asuma calquera consecuencia xurídica así como toda indemnización económica que derive das reclamacións que puideran xurdir por parte dos actuais bombeiros dos consorcios a raíz dos procesos selectivos que fora preciso realizar para o cambio do modelo de xestión. 3) que a Deputación asuma o custo económico a maiores do actual, de producirse, que para o mantemento do servizo puidera derivarse do sistema de xestión directa, tendo en conta que a Xunta de Galicia non asumirá a diferencia entre o custo acutal do mantemento dos consorcios e o que puidera supoñer no futuro”.
Este grupo de traballo no Consorcio sobre a implantación da xestión pública nos parques de bombeiros foi solicitado polo Presidente da Deputación de Lugo. Fíxoo porque ata o de agora só traballaron cara este fin as Deputacións de Lugo, A Coruña e Pontevedra (a de Ourense opúxose dende o primeiro momento ao cambio no modelo de xestión), e elaboraron os informes xurídicos e económicos que o avalan. Sen embargo, é imprescindible a implicación da Xunta de Galicia, que sempre se mantivo marxe, para poder levar a cabo o cambio de xestión por ser parte legal dos Consorcios Provinciais de Bombeiros de Galicia.
“Chantaxe”
O Presidente da Deputación, Darío Campos, destacou que “isto non deixa de ser unha chantaxe, pois só asumindo estas condicións podemos realmente avanzar na implantación da xestión directa dos parques de bombeiros no 2019, que supoña a mellora e profesionalización do servizo contraindencios”. Trátase dunha prestación que non existia en Lugo, sendo a única provincia galega que non a tiña ata que “o Partido Socialista na presidencia da Deputación e da Xunta a fixeron realidade”, destacou durante a sesión plenaria Eduardo Vidal Baamonde, representante do Goberno Provincial no Consorcio de Bombeiros de Lugo.
“Sen desculpas”
Aínda que o cambio no modelo de xestión dos parques non ten nada que ver co incremento salarial dos bombeiros na provincia de Lugo, esta foi a “desculpa” da Xunta de Galicia para non achegar durante o 2017 os 330.000 euros necesarios, que si destinou a Deputación de Lugo, para poder equiparar os salarios dos bombeiros de Lugo aos de Ourense. Nesta última provincia galega, a Xunta, pola contra, si achegou este ano máis fondos para subir as nóminas destes profesionais, financiado nun 62,5% este servizo na provincia ourensá, cando en Lugo o fai nun 50%, non estando disposta, tal e como se puxo de manifesto coas condicións que impuxo e foron aprobadas hoxe, a achegar máis fondos á prestación deste servizo na provincia lucense.
“A Xunta xa non ten ningunha escusa agora para equiparar os salarios dos bombeiros e avanzar na xestión directa dos parques”, resumiu Campos Conde.
No 2017 a Deputación de Lugo comprometeu 330.000 euros do Orzamento Provincial ao incremento salarial dos bombeiros. Estes fondos non se puideron aplicar ás nóminas destes profesionais porque os Estatutos do Consorcio fixan que este organismo está financiado nun 50% por ambas as dúas administracións (provincial e autonómica) e a Xunta negouse reiteradamente a achegar a parte legal que lle corresponde.






















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



