Alí foron entregados os premios aos gañadores do concurso de Microrrelatos e Lemas contra a violencia de xénero 2017, que foron Manuel Gil Castro, na categoría de maiores de 18 anos co relato 1,79; Iria Rivas Prieto, na categoría de menores de 18 anos; e Lucía Mon Balseiro, co lema Quérete e quere, respétate e respeta. Mensaxes reivindicativas, cancións ou mesmo ilusionismo centraron o acto desta mañá en Burela. O Concello adheriuse este ano á campaña #EnNegroContraAsViolencias e moitos foron os establecementos comerciais que tinguiron de negro os seus escaparates e locais para amosar a súa repulsa contra esta lacra. Na Casa da Cultura déronse cita centros de ensino, asociacións e colectivos da localidade. Alí estiveron o alcalde, Alfredo Llano, e os concelleiros de Igualdade, Educación e Medio Ambiente, Patricia Otero, José Díaz e Noelia Mª Ben. Este sábado, as xogadoras de Burela FS lucirán, antes do inicio do partido de liga previsto para as 17:30 horas, as camisetas negras desta campaña.
























López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



