Está previsto que chegue á localidade a media mañá. Ás catro da tarde manterá un encontro co alcalde, Alfredo Llano, “para ver cómo están as relacións dos nosos caboverdianos coa súa administración e aproveitarei para facerlle chegar as demandas e inquedanzas desta colonia cara o seu país”.
Xa a partir das 17:00 horas o embaixador de Cabo Verde en España terá unha xuntanza cos seus compatriotas.