Lugo, 23 de novembro de 2017. A Deputada de Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, avanzou este xoves que o Goberno da Deputación atende xa 1.279 maiores de toda a provincia co seu servizo de Teleasistencia gratuíta. Con respecto ao ano pasado, son 411 lucenses máis os que contan con esta prestación provincial. López Izquierdo informou sobre este incremento no número de usuarios nun encontro cunha veciña do Saviñao de 88 anos que conta co mesmo. Este tivo lugar no domicilio da mesma, onde comprobaron, cunha traballadora social, o seu funcionamento mediante un simulacro. O Goberno da Deputación ten dispoñibles outras 276 prazas, pois financia con 300.000 euros un total de 1.555 prazas. Os interesados poden solicitalas en 982 260 138.
O Executivo Provincial renovou a Teleasistencia provincial, acadando un servizo máis social e profesional, e aumentou o número de prazas. Fíxoo debido á necesidade desta prestación nunha provincia coma Lugo, claramente envellecida e con déficit de servizos sociais por parte da Xunta, que é a administración galega coas competencias directas nesta materia.
Deste xeito, o Goberno da Deputación ofrece a custo cero a Teleasistencia provincial a todos os maiores dos municipios lucenses, sexan dependentes ou non, pero con dificultades en canto a súa autonomía. E faino porque a Xunta obriga ao copago da Teleasistencia autonómica, que só ofrece a persoas catalogadas hoxe como dependentes, deixando fóra a centos de maiores con limitacións porque non están recoñecidos como dependentes.
Un servizo máis social e profesional
En canto á gratuidade da Teleasistencia da Deputación, e profesionalizando a Teleasistencia cunha maior implicación dos traballadores; cómpre subliñar que o Goberno Provincial fixou que sexan os propios asistentes sociais os que valoren a situación de cada un dos demandantes desta prestación á hora de determinar se deben ser ou non usuarios co obxectivo de que conten coa Teleasistencia provincial todas as persoas que realmente a necesitan. Ditos profesionais fano in situ, en visitas aos propios domicilios dos posibles beneficiados, coñecendo de 1ª man a súa situación.
Facendo aínda máis social a Teleasistencia provincial, o Executivo Provincial incluíu, por primeira vez, baremos psicosociais e psicosanitarios na concesión das prazas. Deste xeito, tense en conta aspectos como o grao de soidade, a capacidade na toma de decisións, a situación familiar dos demandantes, o ámbito ou condicións da vivenda, se viven en lugares do rural illados, entre outros moitos aspectos.
Distribución das prazas por zonas
Os usuarios do servizo de Teleasistencia da Deputación son 1.279 persoas. Do total, o 81% son mulleres, 1.041; e o 19% homes, 237. A distribución por zonas é a seguinte.
A Mariña: son 335 persoas as que desfrutan do servizo, que representan un 26.1% do total de prazas. A distribución é a seguinte: Riotorto 2; A Pontenova 5; Ribadeo 88; Trabada 9; Barreiros 20; Foz 22; Lourenzá 12; Mondoñedo 28; Alfoz 16; Burela 23; O Valadouro 6; O Vicedo 12; Viveiro 60; Xove 2; Cervo 24; e Ourol 6.
Terra Chá: son 229 persoas as que desfrutan do servizo, que representan un 17.9% do total de prazas. A distribución é a seguinte: Pol 11; Meira 7; Ribeira de Piquín 1; Abadín 15; Muras 5; Castro de Rei 25; Cospeito 14; Guitiriz 24; A Pastoriza 20; Vilalba 56; Xermade 27; e Begonte 24.
Comarca de Lugo: son 249 persoas as que desfrutan do servizo, que representan un 19.5% do total de prazas. A distribución é a seguinte: Castroverde 9; Lugo 179; O Corgo 12; Friol 12; Guntín 4; Outeiro de Rei 9; Portomarín 4; e Rábade 20.
Comarca de Sarria: son 100 persoas as que desfrutan do servizo, que representan un 7.8% do total de prazas. A distribución é a seguinte: O Incio 7; Láncara 6; Paradela 12; O Páramo 1; Samos 2; Sarria 71; e Triacastela 1.
Comarca da Ulloa: son 21 persoas as que desfrutan do servizo, que representan un 1.7% do total de prazas. A distribución é a seguinte: Antas de Ulla 2; Monterroso 7; e Palas de Rei 12.
A Montaña: son 61 persoas as que desfrutan do servizo, que representan un 4.7% do total de prazas. A distribución é a seguinte: Baleira 10; Negueira de Muñiz 1; A Fonsagrada 18; Baralla 13; Becerreá 3; Cervantes 6; Navia de Suarna 2; As Nogais 2; Pedrafita do Cebreiro 6; Folgoso do Courel 0.
Lemos e Chantada: son 284 persoas as que desfrutan do servizo, que representan un 22.3 % do total de prazas. A distribución é a seguinte: Bóveda 11; Monforte de Lemos 79; Pantón 20; A Pobra do Brollón 9; O Saviñao 29; Sober 22; Quiroga 27; Ribas de Sil 22; Carballedo 13; Chantada 40; e Taboada 12.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



