A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, participou este sábado no Concello de Mondoñedo, xunto a outras autoridades, na entrega de premios do VI Certame de poesía Leiras Pulpeiro, que financia o Goberno da Deputación. A Deputada remarcou na súa intervención “que o Goberno da Deputación vai seguir colaborando sempre con propostas e iniciativas que contribúan a poñer en valor as nosas letras. Por iso estamos aquí novamente, para amosar o apoio desta institución neste premio de poesía que xa celebra a súa sexta edición”. Nesta convocatoria o primeiro premio foi para Lorena Souto coa obra Coleópteros; o segundo recaeu na obra Álbum da que é autor Emilio Salgado Freire; e o terceiro premio coa obra Queiroas, foi para Xosé Ramón Sánchez Varela.























Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



