Lugo, 28 de novembro de 2017. O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, e o Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, entregaron este martes os diplomas aos participantes do 1º Curso de Especialización de Enoturismo que se celebra no Museo Pazo de Tor, no Concello monfortino. Trátase da acción formativa que organiza a APEHL (Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo) e que financia integramente o Goberno da Deputación cunha achega económica de 15.000 euros. O curso, no que participaron 16 lucenses que traballan na hostalería e no turismo, o impartiron reputados expertos do sector e contou con máis de 100 horas lectivas, que se centraron en 5 temáticas: cultura do viño; marketing e comunicación; habilidades comunicativas; xestión e enoturismo; e patrimonio. Os días 11 e 12 de decembro clausurarase esta formación cunha viaxe a Oporto para coñecer in situ o labor que están a realizar as diferentes adegas nesa zona vitivinícola de Portugal.
Vidal Baamonde destacou que “esta colaboración enmárcase dentro do Plan Estratéxico de Turismo da Provincia elaborado polo Goberno da Deputación para aproveitar as potencialidades do entorno vitivinícola co que contamos na Ribeira Sacra, ao tempo que formamos a lucenses a través de profesionais en materia de enoturismo, un sector en alza e constate evolución. Con esta iniciativa queremos mellorar a eficacia na atención aos turistas da nosa provincia e incrementar a competitividade e a rentabilidade da actividade turística con servizos e atención de calidade, todo isto, arredor dun produto autóctono de referencia e calidade como é o viño”.
O Deputado de Turismo agradeceu á APEHL todo o traballo que realiza en defensa e impulso do conxunto do sector turístico da provincia de Lugo e apuntou que “dende o Goberno da Deputación non cesaremos coa actividade conxunta con este colectivo para facer de Lugo un referente turístico no país, aínda que non teñamos competencias directas neste eido”.
5 expertos do sector
A formación foi impartida por 5 profesionais e expertos do sector en marketing, distribución, comunicación, enoloxía e patrimonio. Foron a empresaria e ex directora do Centro Superior de Hostalería de Galicia, Patricia Cuevas; o responsable de marketing do Instituto Galego do Viño, Alberto Granada; a psicóloga e experta en coaching, Alba Sáchez; o Director do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas; e a responsable da delegación en Lugo, Isabel Lozano.
Durante as 6 xornadas do Curso de Especialización de Enoturismo da APEHL e Deputación, os participantes realizaron actividades teóricas e prácticas para coñecer, promocionar e informar sobre destinos turísticos, adegas e zonas con interese vitivinícola da Ribeira Sacra; así como dominar todo o relacionado co mundo do viño e todas as súas fases.
Máis colaboracións coa APEHL
O Goberno da Deputación destinou este ano un total de 60.000 euros ás actividades que levan a cabo os máis de 800 hostaleiros lucenses que forman parte da APEHL. Con estes fondos, os membros da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo elaboraron para todos os establecementos material informativo sobre a oferta turística e gastronómica da provincia. Por exemplo, salvapratos co mapa da provincia que inclúen códigos QR sobre puntos de interese turística nos Concellos. Tamén celebrou eventos como as xornadas gastronómicas Estase cocendo, dedicada ao cocido; ou Cume Tapas, que afondou sobre os pratos da Ribeira Sacra; así como a promoción exterior da campaña E para comer, Lugo.





















A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



