Lugo, 29 de novembro de 2017. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde inaugurou este mércores a mostra Os Mundos de Carlos Casares que no MIHL (Museo Interactivo de Historia de Lugo). Fíxoo xunto aos comisarios da mostra, Gustavo Adolfo Garrido e Chus Martínez Domínguez. Esta colección itinerante organizada pola Fundación Carlos Casares lévase a cabo con motivo da homenaxe da RAG (Real Academia Galega) no Día das Letras Galegas ao escritor ourensán Carlos Casares. A colección, que se expón por primeira vez na provincia de Lugo, estivo anteriormente en Ourense, Santiago de Compostela, A Coruña, Ribeira, Arzúa, Vigo e Pontevedra. O percorrido da exposición rematará en Xinzo de Limia, onde quedará de forma permanente.
Campos Conde destacou que “dende o Goberno da Deputación traemos esta exposición á provincia de Lugo coa finalidade de poñer en valor a vida e obra de Carlos Casares, unha figura imprescindible na literatura galega do século XX, que foi un exemplo de compromiso coa identidade da nosa terra, e que inculcou e difundiu a nosa lingua nos máis pequenos, con obras tan importantes coma A galiña azul, Vento Ferido ou Xoguetes para un tempo prohibido, que marcaron a toda unha xeración de mozos. Esta mostra nos permitirá revisar a escena cultural galega nas cinco últimas décadas a través das relacións de Carlos Casares coas experiencias sociais, políticas, educativas e artísticas da época”.
“Para o Concello de Lugo é un orgullo poñer as instalacións municipais do MIHL para acoller esta mostra, que nos axuda a coñecer mellor, a través dunha presentación moi orixinal e atractiva, a figura, a vida e a obra deste autor central nas nosas letras”, asegurou a Alcaldesa, Lara Méndez, no acto. Esta exposición dá continuidade ás actividades que organizou a entidade local con motivo das Letras Galegas, entre os que destacou unha conferencia de Armando Requeixo sobre a vida e obra de Casares.
Méndez, quen agradeceu e felicitou á Fundación Carlos Casares e á Deputación por elixir Lugo para traer esta exposición, puxo de manifesto o compromiso do Goberno coa lingua e a literatura galegas como esencia da identidade galega, a través de iniciativas como o programa Apego para fomentar o uso dos galego entre os nenos en nenas lucenses. “Só un 13% dos rapaces e rapazas e un 24% dos lucenses falan galego, o que reflexa a perda da trasmisión interxeracional, un aspecto que debemos paliar, e para iso é necesario impulsar o activismo cultural galeguista que sempre practicou Casares”, concluíu a rexedora.
5 espazos e 400 pezas que percorren a vida de Casares
A exposición Os mundos de Carlos Casares ten como obxectivo celebrar a vida e a obra do escritor ourensán na clave dun percurso vital, a través dunha viaxe polo tempo e polo espazo. Máis alá da intención retrospectiva, a exposición presenta diferentes marcos nos que se amosan as relacións de Carlos Casares co mundo, nunha sucesión de territorios simbólicos que van explicando cuestións fundamentais da súa vida, da súa produción literaria e do seu compromiso co país e as súas xentes.
Cinco espazos metafóricos diferenciados, pero permeables grazas a unha coidada montaxe que permite debuxar escenas e activar experiencias sociais, políticas, educativas e artísticas. A estrutura expositiva está organizada a través de cinco etapas nas que se expoñen arredor de 400 pezas como imaxes; fotografías; recortes de prensa; cartas; manuscritos; revistas; proxeccións audiovisuais; obxectos, como unha máquina de escribir; textos e obras de Carlos Casares:
– “Paisaxes” recolle dende os primeiros anos en Xinzo de Limia ata a saída do Seminario Menor de Ourense.
– “Luzadas” achega ao visitante á etapa universitaria, a loita estudantil e os primeiros pasos de Carlos Casares como profesor.
– A viaxe” relata as primeiras viaxes do escritor galego por Europa, os inicios do xornalismo literario, a entrada na RAG e a madurez literaria.
– “Conviña…” visibiliza a época do compromiso político no Parlamento galego e o papel de mediador cultural da literatura galega.
– “O redondel” recolle a madurez do novelista e a conquista da popularidade no xornalismo literario; a presidencia do Consello da Cultura Galega; así como o traballo na Academia, o impulso da Arte Contemporánea, o Teatro e o Audiovisual.
Carlos Casares
Carlos Casares Mouriño naceu en Xinzo de Limia, Ourense, o 24 de agosto de 1941. A súa vida estivo marcada polo maxisterio e a amizade con Ramón Piñeiro e polo grupo de galeguistas vinculados á editorial Galaxia. Foi elixido membro da Real Academia Galega en 1977, e Presidente do Consello da Cultura Galega en 1996. Entre as súas obras sobresaen: Cambio en tres; Xoguetes pra un tempo prohibido; Vos escuros soños de Clío; ou Deus sentado nun cadeira de brazos azul, entre moitos outros. Como escritor de literatura infantil destacan A galiña azul; As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas; ou Lolo anda en bicicleta. Como biógrafo e ensaísta produciu traballos sobre a vida e obra de escritores destacados da literatura galega, como Vicente Risco, Otero Pedrayo, ou Curros Enríquez, así como traducións ao galego de O principiño do francés Antoine de Saint-Exupéry, Os escaravellos voan á tardiña da sueca María Gripe e O vello e o mar do estadounidense Ernest Hemingway. En 1976 obtivo o Premio da Crítica de narrativa galega pola súa obra Xoguetes pra un tempo prohibido, en 1996 por Deus sentado nun cadeira de brazos azul e en 2002 por Ou sol do verán. No ano 2002, faleceu en Vigo.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



