Lugo, 12 de novembro de 2017. A Deputada de Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, clausurou este domingo, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, a XI Xornada Renal que organiza ALCER Lugo. Está dirixida aos doentes de enfermidade renal e nela participaron cirurxiáns, biólogos, farmacéuticos e nefrólogos da provincia de Lugo, que trataron temas como a hemodiálise domiciliaria portátil, os novos tratamentos e investigacións. No acto tamén participaron a Concelleira de Benestar Social, Ana González Abelleira; e a Presidenta de ALCER, María José Otero Díaz.
O Goberno da Deputación colabora anualmente con ALCER Lugo cunha achega económica de 5.000 euros para a xestión do transporte dos usuarios que están recibindo tratamento de hemodiálise hospitalaria nos 4 centros da provincia de Lugo: o Hospital Universitario Lucus Augusti, de Lugo, o Hospital Xeral da Costa, en Burela; e as Clínicas de Diálises privadas de Lugo e Monforte de Lemos.
López Izquierdo subliñou que “actualmente na provincia de Lugo están afectadas por algún tipo de insuficiencia renal máis de 30.000 persoas, o que supón o 10% da poboación lucense. Con estes datos, dende as administracións públicas temos que traballar da man e investir máis en investigación, prevención e concienciación, por iso dende o Goberno da Deputación colaboramos con ALCER Lugo na xestión do traslado de 197 lucenses que están a recibir tratamento hospitalario de hemodiálise, a través do servizo de taxis. Grazas o labor desta asociación, Lugo é a única provincia de toda Galicia na que se realiza este tipo de traslado, que resulta fundamental para que os doentes estean o menor tempo posible de traxecto dende o seu domicilio ao centro onde reciben a atención profesional e facer, deste xeito, unha ruta máis accesible”.
ALCER LUGO
A Asociación para la lucha conta las enfermedades renales de Lugo é unha entidade sen ánimo de lucro con fins de carácter social, que se constituíu no ano 1981, e que posúe máis de 450 socios. ALCER LUGO posúe unha oficina e sala de reunións, ademais de contar con varios profesionais, como unha psicóloga, unha administrativa e varios voluntarios. A súa función principal é a de ofrecer información e asesoramento sobre a insuficiencia renal crónica (I.R.C.); acompañamento e apoio nas diferentes etapas do tratamento; asesoramento laboral, legal, nutricional e psicosocial individualizado; e colaborar coa Oficina de Coordinación de Transplantes de Galicia. Ademais de prestar estes servizos, organizan ao longo do ano actividades para mellorar a calidade de vida dos doentes, como obradoiros de cociña, manualidades ou exercicio físico, así como campañas de información e sensibilización.






















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



