Durante o mes de novembro está a impartirse un curso de Educación Sexual “Coñécete”, dirixido ao alumnado da ESO do IES “Illa de Sarón” de Xove, e ao alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP “Pedro Caselles” (este último finalizou o pasado xoves). Este curso ten como obxectivo fomentar a autoestima e cuestionar os esteriotipos sexistas e as crenzas sociais. O Obradoiro está impartido pola sexologa e psicóloga Raquel Graña, organizado polas Concellerías de Xuventude e Igualdade do Concello de Xove e forma parte das actividades organizadas polo Concello de Xove para previr a violencia de xénero.
Obradoiro de educación sexual “coñécete”
Obradoiro de educación sexual “coñécete”
Relacionado
-
Charla sobre a Lei de Costas e a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística en Burela
-
O 10 de maio desprazarase a Alfoz a ITV móbil para realizar inspeccións técnicas periódicas tanto a motos como a ciclomotores
-
Durante esta semana o persoal de Vigilancia Aduanera de Ribadeo realizou cursos de adestramento de intervención con medios non letais no marco da formación continua programada pola Regional de Aduanas de Galicia