A Mariña, 22 de novembro de 2017. O Semáforo de Bares, no veciño concello de Mañón, foi escenario das xornadas de traballo nas que se deron cita os establecementos e empresas das Mancomunidades de Ferrolterra e da Mariña lucense que están a participar no proxecto Turismo Slow Norte de Galicia. Os turistas que se achegan a estas comarcas valoran a tranquilidade, a riqueza paisaxística e gastronómica e foxen das grandes masificacións e aglomeracións de persoas.
No 2015, as Mancomunidades de Ferrolterra e Mariña Lucense, co apoio da Axencia Turismo de Galicia e baixo a coordinación de Promove Consultoría, puxeron en marcha un proxecto pioneiro en Galicia e tamén en España: o Turismo Slow Norte de Galicia. O pasado 15 de novembro e na xornada de onte, martes día 21, tiveron lugar as reunións das empresas turísticas participantes, nas que, cun ambiente distendido, traballouse na planificación estratéxica do proxecto e na revisión dos requisitos de participación, implicación e compromiso co turismo slow.
O Turismo Slow Norte de Galicia é un proxecto de participación voluntaria para aquelas empresas de aloxamento que cumpran os requisitos e, sobre todo, que teñan a motivación e ilusión necesarias para participar nun proxecto colectivo deste tipo e que fagan un triple compromiso: o Compromiso ambiental, de sostibilidade e coidado do entorno; o Compromiso coa calidade (priorizando a calidade dos aloxamentos e a profesionalidade das persoas responsables deses aloxamentos); e o Compromiso co proxecto, que se refire á implicación e ao interese pola consolidación do proxecto.
No Semáforo de Bares, en Mañón, tiveron lugar as dúas reunións do grupo de empresas participantes no proxecto para continuar co desenvolvemento dun produto innovador e sostible, que poña en valor as características sociais, culturais e naturais do noso destino turístico, que presenta unha vantaxe moi valorada por aquelas persoas que escapan da masificación turística, como é precisamente a tranquilidade e a súa riqueza patrimonial e gastronómica.
Desta reunión saíron diferentes ideas, como a creación dun grupo motor do turismo slow formado por varios aloxamentos, que servirá tanto para a dinamización interna (requisitos de participación no grupo, deseño de formación necesaria para os participantes do turismo slow), como para a axilización na toma de decisións en canto á estratexia de promoción do produto turístico.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



