Alfoz 22-11-17. O Grupo Municipal de Veciños Independentes de Alfoz presentará tres mocións no pleno que se celebrará o vindeiro venres 24, referidas á mellora de varias pontes nas vías provinviais LU-P-0206, LU-P-0207 e LU-P-0211, á continuación da senda peonil existente paralela ao marxe esquerdo da estrada autonómica LU-160 ata o límite co concello veciño de O Valadouro e ápolítica de prevencón de incendios forestais das diferentes administracións.
Referente á mellora de vias provinciais, desde VIA consideran que “as modificacións no trazado e anchura dalgunha destas vías e a falta de mantemento fixo que algunha das pontes exintentes sexan un punto perigoso tanto para o tráfico rodado como para os peóns”. Na moción solicitan á Deputación Provincial de Lugo que proceda ao ensanchamento das pontes descritas, así como á colocación dos correspondentes petriles de protección lateral e a rexeneración do pavimento, para corrixir as deficiencias descritas na mesma.
Noutra das mocións indican que na actualidade os veciños deben camiñar polo arcén da LU-160, xa que non hai beirarrúas en ningún dos marxes do vial ata chegar ao concello do Valadouro, o que confire “un risco para os peóns debido ao grande número de vehículos lixeiros e pesados que diariamente transitan por esta estrada”. Desde o Grupo Municipal de Veciños Independentes de Alfoz consideran que a construción do tramo restante desta senda daría lugar a que os peóns dispuxeran dun espazo seguro e cómodo polo que camiñar, respondendo ademais á demanda desta obra da que a Xunta xa prometera a súa execución no ano 2012.
Referido á política de prevención de incendios forestais, desde VIA presentarán unha moción na que consideran que non se debe tardar mais en actuar, aplicando con todo o rigor posible a normativa existente, nomeadamente a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia e a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, pois consideran que “aínda que os incendiarios sexan os principais culpables, tamén debemos recordar a responsabilidade que temos todas as administracións nesta loita, caendo moitas veces no erro de centrar os esforzos na extinción e non na prevención”.
ORDENANZA REGULADORA PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS PARA O FOMENTO DA NATALIDADE E O ASENTAMENTO DE POBOACIÓN NO CONCELLO DE ALFOZ
Entre os temas a tratar no pleno levarase tamén unha proposta deseñada desde VIA co obxectivo de fomentar a natalidade e o asentamento de poboación no Concello de Alfoz, destinadas ás familias que teñan fillos/as por nacemento ou adopción e/ou establezan o seu domicilio de forma permanente no Concello de Alfoz, mediante a posta en marcha dunha ordenanza. Desde o Grupo Municipal de Veciños Independentes de Alfoz indican que se “terá dereito a percibir a correspondente axuda para os supostos que veñen recollidos nesta ordenanza que tivesen lugar a partir do día 1 de xaneiro do 2017”.



















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



