A Mariña 9-11-17. Co fin de conmemorar o Día Internacional do Patrimonio, Mariña Patrimonio está a organizar para o día 18 de novembro unha visita guiada, libre e gratuíta, polo patrimonio eclesiástico do concello de Cervo. O percorrido polas diferentes igrexas comezará ás 10.00h na Igrexa de Cervo e, dependendo das persoas que se inscriban, continuarase en coches particulares ou en autobús. Ás 14.00h faremos unha pausa para xantar e retomaremos a actividade ás 16.00h diante da capela de San Cibrao no Porto.
Quen o desexe poderá participar no xantar que terá lugar no restaurante O Pedregal de San Cibrao; a data límite para anotarse é o martes 14 (prezo 12€)
Este roteiro enmárcase no conxunto de actividades programadas por diversas asociacións integrantes da Rede do Patrimonio Cultural.
As persoas interesadas en participar poden anotarse cubrindo o formulario de inscrición que figura no blog de Mariña Patrimonio. http://mrpatrimonio.blogspot.com.es/

Roteiro polo patrimonio eclesiástico do concello de Cervo
- Seguinte
A embaixada de España en Canadá organizou un acto de recepción dun grupo de profesores, entre os que se atopa unha profesora do IES San Rosendo de Mondoñedo, Ana Belén López, que participan no Programa Internacional de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALE) convocado pola Xunta de Galicia