Lugo, a 28 de Novembro de 2017. A CIG desenvolveu este martes unha concentración diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galiza en Lugo para protestar pola situación na que se atopan os 9 traballadores que non foron subrogados pola UTE Autos Morán-Autocares Rodríguez Domínguez, que dende o pasado mes de agosto ten a concesión da liña de autobús “A Mariña-Viveiro-Ribadeo” (XG-533), que até entón prestaba Arriva Noroeste.
A concentración realizada hoxe terá continuidade na xornada de mañá, mércores 29 de novembro, ás 11.00 horas no mesmo lugar, para visualizar a actual situación destes traballadores e, sobre todo, denunciar o incumprimento das garantías de subrogación do persoal. Neste senso, o secretario comarcal da FGAMT-CIG, Christian López Carmona, destacou que a propia conselleira lles trasladou aos afectados nunha entrevista no mes de outubro, a garantía de subrogación dos postos de traballo e que, en todo caso non se perdería ningún emprego co seu Plan. “Lonxe disto, a conselleira deulles ao persoal non subrogado a calada por resposta co arquivo do expediente de rescate da concesión XG-533 sen ningunha outra solución alternativa”, denuncia.
Para López Carmona, o contexto actual “é intolerábel”. “A Xunta continúa a remendar o seu Plan de Transporte, sorprendendo a todo o sector, incluso ás empresas afectadas polos incumprimentos, pondo parches todas as semanas (como a restitución e creación de liñas), namentres non se lle da solución ás garantías no mantemento dos postos de traballo”.
Durante a concentración, os propios traballadores manifestaron o seu malestar polo engano da Xunta, así como o desinterese da administración para efectivizar solucións que eviten que as perdas dos postos de traballo teñan que rematar na vía xudicial. Por iso, advirte López Carmona, dende a CIG avaliaranse as actuacións a desenvolver nas seguintes datas “no convencemento de que a Xunta de Galiza ten que, definitivamente, arbitrar solucións que garantan os empregos que están na vía morta”.





















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



